PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Visita Trasalba. Ruta da Esmorga.
Traslaba
Este ano un dos libros que tivemos que ler na clase de galego foi A Esmorga de Blanco Amor, que xusto coincidiu coa estrea da súa adaptación cinematográfica, á que os nosos profesores de galego nos levaron encantados.
Pero para rematalo de todo e aproveitar ben que tiñamos que ler o libro, organizáronnos unha pequena viaxe a Ourense, que todos agardamos con impaciencia, xa que era a primeira excursión deste agobiado curso.E chegou o día, primeira mañá que non nos erguiamos pensando en que tiñamos exame a segunda ou clase pola tarde.
Saímos do instituto ás 9 e media, un autobús agardaba preto do centro, puxémonos cómodos e comezamos a nosa viaxe a Ourense con parada en Trasalba para visitar o Pazo de Otero Pedraio.
A viaxe de ida fíxose un tanto longa mais como xa o esperabamos, iamos preparados: cartas, cámaras de fotos, comida, música?
Tiñamos que estar en Trasalba ás 11, pero chegamos un pouco tarde, puntualidade Pontepedriña. Alí, visitamos o pazo e a medida que o faciamos iamos lendo fragmentos de obras de Otero Pedraio en cartolinas colocadas en recunchos da casa.Ao rematar puxémonos rumbo Ourense, onde nos agardaba un guía que nos levaría a facer a ruta da esmorga polas rúas da cidade, lendo as respectivas placas situadas nas diferentes rúas.
Estabamos mortos de fame así que cando rematamos, os profes deixáronnos ir a comer e dar unha volta por Ourense ata a hora de volver.
Ás catro e vinte quedamos para coller o bus na praza principal, e, como non, por non perder o costume, tivemos que agardar polas tardonas de turno, que viñan correndo rúa abaixo porque, claro, é o que ten quedarse mirando escaparates.
A viaxe de volta foi un tanto do mesmo que a de ida, aínda que neste caso habería que sumarlle os entretidos debates da parte traseira do bus.
Chegamos a Santiago ás seis, baixamos do bus e? comezou a sarabiar! Santiago querido, xa tardabas, botábasnos de menos eh...así que baixo esta estampa tan típica santiaguesa, cada un foi para súa casa, aínda que a algún aínda lle quedaron ganas de tomarlle unha no bar.

Lucía Casal Pérez 2ºB
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 02-03-2015 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0