PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A fala
Feijóo,novo presidente da Xunta,ten como prioridade a liberdade lingüística e esta pasa por derogar o decreto do galego no ensino porque, ao seu xuízo esta é unha normativa "discriminatoria".
Reclamaranme imparcialidade política mais é imposible pretender que a lingua galega non teña nada que ver coa política.
A política é inseparable das linguas que adoitan expresar os estratos sociais, os capitais simbólicos acumulados e as relacións de poder, de submisión duns pobos a outros e mesmo de pulsións autodestrutivas.
Pretender que a lingua galega, minorizada no seu propio territorio e distanciada non poucas veces de importantes grupos dos seus propios falantes, non teña nada que ver cos grupos políticos ou viva adormecida nunha especie de caixiña illante é o mesmo que programar a súa desaparición.
Dando unha volta polo periódico Vieiros atopei estes versiños nun comentario de opinión:

En moitos autobuses veloces
viñeron á Galiza,
uns fachas dando voces...

protexían a estes coitados
unha chea de grileiras
inzadas de xente mamporreira.

Era o que nos quedaba,
que volten os tempos
nos que os "señoritos"
ditasen a nosa fala.
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 02-03-2009 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0