PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Estrea do CDG


Hoxe venres 6, ás 21.00 horas no Salón Teatro de Compostela estrea o CDG a súa última produción, As dunas,escrita por Manuel Lourenzo (Premio Nacional da Cultura Galega 2008 na categoría de Artes Escénicas)e dirixida por Quico Cadaval.
Nesta ocasión, o polifacético director ideou unha montaxe de teatro, danza e música en directo, para a que conta cun elenco multidisciplinar do que forman parte tanto nomes consagrados como novos valores da escena galega: Paula Buján, Evaristo Calvo, Paulo Oliveira, Manuel Cortés, Susana Dans, Christian Escuredo, Juan Carlos Mosquera "Mos", Iria Pinheiro, Rodrigo Roel e Davide Salvado.

A estética do espectáculo inspírase na cultura popular dos anos setenta, especialmente nos filmes da chamada terceira vía (a medio camiño entre o cine chabacano e o intelectual), no cómic, na telenovela e na fotonovela. O resultado, en palabras do propio director, é "unha especie de pastiche cun pouco de aventura, un pouco de crítica política, un pouco de sexo e un pouco de risa".


Unha nave industrial abandonada na Mariña luguesa é o escenario onde conflúen o construtor Florencio Pardo, a gobernanta Lola, o intendente Serapio, o empregado Calí Caiate e unha tropa estrafalaria de músicos, bailaríns e cantantes para animar a inauguración do free spa As dunas, un moderno balneario musical para "amantes de praceres prolongados" e integrará actividades que van dende o relax ao goce musical pasando por "todo tipo de refinados praceres do corpo".

As dunas permanecerá no Salón Teatro até o xoves 2 de abril con cinco funcións semanais: os mércores e xoves ás 11.00 horas (agás os días 18 e 19) serán as representacións concertadas con centros de ensino, mentres que os venres e sábados ás 20.30 horas e os domingos ás 18.00 horas terán lugar as funcións para público xeral.

Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 06-03-2009 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Excursión Rosalía de Castro
O pasado venres,os alumnos e alumnas de 4º da ESO fomos de visita á casa de Rosalía de Castro.Houbo un encontro entre alumnnado do IES Pontepedriña e do IES Camilo José Cela,o instituto de Padrón. Recitáronse varias poesías en honor a Rosalía e visitamos distintos sitios importantes na vida desta popular escritora galega, como o panteón onde estivo soterrada antes de trasladala a Santiago ou o que se conserva do interior da súa casa da Matanza de Padrón. Todo moi ben comentado e explicado por Arturo, un alumno de 1º de BAC do CJ Cela.
Foi unha visita moi interesante para profundizar na vida desta importante muller e poeta galega.
Categoría: 3.- Novas - Publicado o 02-03-2009 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 02-03-2009 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0