PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Miraxes
Un programa moi recomendable que botan os sábados ás 15.30 na TVG.

O 8 de marzo, Día da Muller, fixeron un programa sobre mulleres artistas, escritoras, arquitectas e mulleres da cultura: Mercedes Peón, que fixo a música da última estrea do Centro Coreográfico Galego, "O kiosco das almas perdidas". Simone de Beauvoir, símbolo da muller contestataria e militante do movemento feminista da que se cumpren cen anos do seu nacemento e da que acaba de ser traducida ao galego a súa grande obra, "O segundo sexo".

Miraxes tamén falou doutra rebelde das letras, a fundadora da nosa literatura: Rosalía de Castro, que foi admirada e incomprendida no seu tempo e mitificada e quizais tamén incomprendida a día de hoxe. Se non o viches aínda tes a oportunidade.
Pincha aquí
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 08-03-2008 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
APUNTES PARA ESO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA
Aquí propoñémosvos unhas páxinas web onde poderedes atopar apuntes e información que vos axudarán:

-Rexurdimento I
Categoría: 2.-Ferramentas - Publicado o 04-03-2008 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
A XUSTIZA POLA MAN
Aqués que tén fama de honrados na vila,
roubáronme tanta brancura que eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.

Nin pedra deixaron en donde eu vivira;
sin lar, sin abrigo, moréi nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos?, ¡meus anxos?!, que tanto eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!

Quedéi deshonrada, mucharonme a vida,
fixéronme un leito de toxos e silvas;
y en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

-¡Salvádeme, ou, xueces!- berréi?¡Tolería!
De min se mofaron, vendéume a xusticia.
-Bon Dios, axudaime- berréi, berréi inda?
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.

Entonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño? ¡Ne as herbas sentían!
I a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe, ¡dun soio!, deixéinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces?, estonces cumpréuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man que os ferira.


Rosalía de Castro

Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 04-03-2008 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0