PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Viñeta
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 11-03-2008 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
CONTINÚAN AS MULTAS POLAS CONCENTRACIÓNS EN DEFENSA DA LINGUA
Xa hai seis persoas sancionadas por permanecer ás portas da comisaría viguesa pedindo a liberdade dun mozo detido na protesta por un acto contra o galego.
Para máis imformación preme aquí
Categoría: 3.- Novas - Publicado o 11-03-2008 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Centenario de Curros.
O 7 de marzo, cumpréronse cen anos da morte do poeta Manuel Curros Enríquez, unha das tres grandes voces do noso Rexurdimento.

Andaba de mal talante e con problemas de saúde nos últimos tempos. Padecía asma e reumatismo e tiña problemas cardíacos. Ía camiñando dende a casa de pensión na que moraba ata a redacción do Diario de la Marina, onde traballaba.

O seu último poema foi A Alborada de Veiga, que leu no acto de homenaxe ao músico mindoniense o 20 de decembro de 1907, día da estrea do noso Himno.

Tiña algúns amigos, é certo, pero en xeral era un gran solitario, como Eduardo Blanco Amor. Padecía -segundo conta Alberto Vilanova- "trastornos temperamentais que tanto desequilibraron a súa vida de relación social". Sen embargo, Pepe de Xan Baña sentía por Curros grande admiración, axudárao no semanario La Tierra Gallega, e ofrecíaselle para calquera xestión ou servicio que necesitase. Deixou escritas algunas páxinas sobre el, que nos permite achegarnos un algo ó Curros íntimo. Entre outras cousas dixo que era un home fácil de enganar e difícil de desenganar (esto quedou demostrado cando o timaron coa proposta de plantar bacelos na provincia da Habana).


Estivera uns meses en Galicia en 1904, ocasión na que foi coroado na Coruña, en acto solemne presidido por Manuel Murguía.

A morte de Curros causou forte impresión na capital de Cuba. Morreu ás oito e media da mañá, e pouco despois o seu cadáver foi trasladado ós salóns do Diario de la Marina. Fíxeronselle gardas de honor. Na mañá do día 8 iniciouse o cortexo fúnebre ata o cemiterio. Levaron en ombros os integrantes do orfeón Ecos de Galicia e do cuarteto Os Montes, que chegara dous días antes á cidade. Despediuno Nicolás Rivero, foi embalsamado e quedou alí en depósito ata o día 19 en que o trasladaron ó Centro Galego para embarcar os seus restos o día seguinte, no vapor Alfonso XIII. Entre os acompañantes, achábanse José López Pérez, presidente do Centro Galego, o compositor Chané e o poeta e dramaturgo Nan de Allariz. O goberno cubano enviou ó xeneral da Guerra da Independencia José A. Bravet. Os restos do poeta chegaron á Coruña o 31 de marzo de 1908, cubertos coa bandeira de Galicia. A mesma bandeira que ondeara por primeira vez na Habana catro anos antes.


Unha vida chea de viaxes, compañeiros, e, sobre todo, libros.

Aquí temos un video de Rosa Aneiros falando do Curros xornalista:




Aquí tedes unha interpretación de "Ahí vén o maio"




Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 10-03-2008 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0