PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cousas da lingua

YOU TUBE: Outubro 2010


Interpretación da canción "A saia da Carolina" por nenas e nenos da Escola María Soliña da India.

A musica tradicional é patrimonio Universal -Todolos idiomas son cultura-



Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 10-02-2011 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Ano Cunqueiro

No 2011 temos unha cita co universo literario e biográfico de Álvaro Cunqueiro: celébrase o centenario do nacemento do escritor.

Desde o Consello da Cultura Galega preséntannos un avance dos eventos conmemorativos que organiza ou nos que participa e poñen a disposición pública os fondos documentais dos que dispoñen sobre o escritor


O Arquivo Sonoro de Galicia preserva numerosos fondos sonoros sobre Álvaro Cunqueiro, tanto a súa voz orixinal coma o de numerosos creadores e intelectuais que disertaron ou valoraron a súa figura e obra na cultura galega e europea do momento.



Ver máis
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 10-02-2011 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Pazo de Trasalba

Pero non rematou aí a cousa. Despois dunhas horiñas de tempo libre e despois de esperar no autobús polas profes. Que chegaron 5 minutos tarde (todo hai que dicilo). Marchamos para Trasalba ver o pazo de Otero Pedrayo.

A casa é grande e bonita. Ensinóunola moi amablemente Susana que nos falou de Otero, da súa dona, da nai (menudo altarciño que tiña no seu cuarto! Non era relixiosa nin nada...). Vimos libros e libros de don Ramón, o mapa de Fontán. A galería e o corredor que deseñou Castelao.

Cando mellor estabamos e máis quentaba o sol, houbo que volver para Santiago. Lástima.

Un día moi ben aproveitado. Cando volvemos???
:-))))

Susana está a facer un blog, igual ca nós. Del collémoslle a foto que puxemos aquí do pazo.
Aí vos deixamos a ligazón para que lle botedes un ollo

Trasalba
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 03-02-2011 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0