PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Prexuízos- Gran Hermano.A Profa





O vídeo non precisa comentarios.

Pero encántanos, coma sempre, o traballo de A Profa que con tanto tino aproveita calquera material para facer unha reflexión sociolingüística e levar o debate á aula dun xeito tan atractivo.

Este é o comentario que fai no blog:


"Velaquí temos un material didáctico de primeira orde para traballar na aula os prexuízos, fundamentalmente lingüísticos, que non tan só, a través da análise das perlas que saen pola boca desta concursante da XII edición de GH.

Suxestións de actividades:

- Recompila os diferentes prexuízos que expresa a concursante ao longo das súas intervencións.
- Compartes algún ou algúns destes prexuízos?
- Por que cres que ao ler un texto en galego di que o vai traducindo?
- A situación escolar que describe cres que respecta a legalidade escolar en canto ao tratamento de linguas en Galicia no ensino nos últimos anos?
- Analiza as reaccións da súa interlocutora.
- Atopamos algún tipo de prexuízo na interlocutora?
- A visión que dá a protagonista da situación lingüística da mocidade galega cres que responde á realidade?
- Cal é a conclusión final da protagonista?
- Consideras coherente a conclusión á que chega co seu discurso anterior? Xustifica a túa resposta.
- Cambiou a imaxe previa que tiñas desta concursante de GH despois de ver o vídeo? En que sentido? Xustifica a túa resposta.
- Cres que poderiamos atopar este tipo de intervencións en concursantes procedentes doutras comunidades autónomas? Por que?
- Como galega ou galego, que sentes despois de ver este vídeo?"

Dáde unha volta polo seu blog e aínda aprenderedes algunha cousa máis sobre os prexuízos lingüísticos. Entrade aquí:

A Profa
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 15-02-2011 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Bicos pola lingua


A Mesa pola Normalización Lingüística festexa o Día dos Namorados cunha bicada en defensa do galego

?Fronte ao desamor da Xunta, está o amor da xente. A inmensa maioría da sociedade galega quere o galego?

A bicada realizarase o Día dos Namorados ás 17 h na praza do Toural de Santiago de Compostela


Para o vindeiro 14 de febreiro, Día dos Namorados, organizaron unha ?bicada lúdico-reivindicativa? en defensa do galego, baixo o simpático nome de ?Goza coa túa lingua?. Realizarase na praza do Toural de Santiago ás 17 h, aínda que tamén apuntaron que ?haberá xente que, por non se poder desprazar a Compostela, tamén fará a bicada a esa hora desde outros lugares?.

Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 11-02-2011 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Cousas da lingua

Xornal de Galicia 7/10/2010

"La falda de Carolina?

Rapaces de Primaria aprenden a canción popular en castelán: ?La falda de Carolina tiene un lagarto pintado, cuando Carolina baila el lagarto mueve el rabo?. Así aprenden moitos rapaces galegos estudantes de Música en sexto de Primaria esta canción popular tan difundida no país.

O caso deuse a coñecer logo dunha denuncia do Colectivo Nacionalista de Marín, que criticou a tradución desta canción popular nos libros de Música de 6º de Primaria utilizados no Colexio da Laxe da localidade.

Este colectivo denuncia que, tal e como se pode comprobar no propio libro, tradúcese A saia da Carolina ao castelán, mentres si se respecta o idioma orixinal doutros temas musicais en inglés, como We are the champions. ?Como unha administración pública, neste caso a Consellería de Educación, pode permitir que un libro de Música para alumnos e alumnas de primaria se imprima deste xeito tan patético??, pregúntase a entidade, tras lamentar o ?desprezo? ao ?idioma e a cultura? que representa dita tradución.

Comentarios (1) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 10-02-2011 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0