PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Orgullosos do noso, orgullosos do galego


"Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego". Este é o lema da campaña impulsada pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL), que bota a andar este mesmo luns. O recente gañador, por terceira vez, dun premio Goya, o actor Luís Tosar, é un dos persoeiros que presta a súa imaxe e a súa voz en favor da lingua a través de dous vídeos que se difundirán en todo o país, especialmente entre a comunidade educativa. Participan tamén as actrices María Castro e Isabel Risco, o actor Martiño Rivas, o produtor audiovisual Antón Reixa, o guionista Carlos Ares, a gaiteira Susana Seivane e a xornalista Belén Regueira.

Este ambicioso proxecto da CGENDL é unha das iniciativas que o colectivo botará adiante como parte da súa campaña de sensibilización dirixida á comunidade escolar. Tal e como explicaban para Vieiros o pasado mes de novembro, á volta da primeira asemblea da asociación, pretenden "combater os prexuízos" ao respecto da lingua e favorecer que o alumnado "sinta fachenda" de falar galego.

A presentación do proxecto será este luns 22 de febreiro ás 13horas no Hotel Virxe da Cerca, en Santiago de Compostela, coa presenza dos responsábeis da coordinadora e dalgúns dos persoeiros que apoian a campaña.


Tiramos a nova de Vieiros

Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 22-02-2010 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Día da lingua materna


O domingo, 21 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Lingua Materna, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.

As propostas para o Día Internacional da Lingua Materna son:

1. Educa no respecto a todas as linguas

2. Transmite o valor da diversidade

3. Cultiva as linguas con menos falantes

4. Fomenta a aprendizaxe de linguas

5. Perde o medo a equivocarte

6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa

7. Acolle as outras linguas que te rodean

8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua

9. Practica o ecoturismo lingüístico

10. Fala tamén para os que están preto


Se queres consultar a páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística con interesantes recursos informativos sobre esta conmemoración Preme aquí
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 19-02-2010 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Matemáticas e galego

Unha ligazón a dous artigos ben interesantes do vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Area Carracedo no Xornal de Galicia da semana pasada sobre a lingua e as matemáticas.

Primeira parte

segunda parte
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 08-02-2010 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0