PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A lingua no ensino

Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 13-02-2009 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
O galego no Tribunal de Xustiza da UE

O galego, catalán e o vasco poderán usarse no Tribunal de Xustiza da Unión Europa nas próximas semanas.

Os representantes galegos, cataláns e vascos poderán dirixirse con cada unha destas linguas a este tribunal e ser respondidos no seu idioma, segundo avanzou o secretario de Estado para a UE, Diego López Garrido.

O secretario de Estado expresou que, tras as eleccións europeas de xuño, o Estado español "solicitaralle" ao Parlamento europeo que os eurodeputados que o desexen poidan intervir nestas linguas, aínda que recordou que o órgano a quen compete esta decisión é a mesa da Eurocámara, e iso é unha "cuestión da súa soberanía".

De feito, durante a actual lexislatura, a mesa do Parlamento europeo votou en contra da posibilidade de que os eurodeputados puidesen utilizar nas súas intervencións no pleno o catalán, vasco e galego, e a votación saldouse cun único voto de diferenza. De prosperar a iniciativa do Goberno central, esta votación repetiríase cunha nova mesa do Parlamento renovado.

Collemos a nova de A Nosa Terra

Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 10-02-2009 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de tele
Os xoves á noite toca tele. A ver a galega!: dous programas ben interesantes na noite dos xoves na galega. Primeiro, a iso das 21.45 o Cazador de palabras, e despois Historias de Galicia. E para que vaiades vendo aí vos deixamos o programa de onte, música e palabras desde Dios que te Crew ou Pinto de Herbón aos instrumentos tradicionais galegos.
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 06-02-2009 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0