PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Trivial!!

Apetéceche botar unha partida ao trivial? Pois non o penses máis.

:D Preme aquí e divírtete un anaco! :D
Categoría: 2.-Ferramentas - Publicado o 18-02-2008 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro con Suso de Toro


O venres estivo no insti Suso De Toro,e falounos da súa forma de ve-lo mundo da escrita. Contounos que libros lle custaron máis e cales lle foron máis doados, e o porqué. Pero o que resaltou sobre todo foi a idea de escribir os seus pensamentos e imaxinacións e plasmalos no papel para redactar a súas novelas. Pese a que se dedicou a facer moitas cosas na súa vida, tivo distintos traballos e vocacións, aquilo no que encontrou máis motivación foi na escrita.

Tamén nos contou moitas anécdotas, como que unha vez escribiu un libro en 15 días por unha aposta, ou que o seu libro favorito era Macbeth, de Sheakespeare (pronunciádeo como está escrito). Pero, sobre todo, falou de "Conta Saldada", libro que "voluntariamente" lemos tódolos alumnos e alumnas de 3º de ESO (hai que dicilo: gustounos).

Contounos en que se inspirou para darlles nome ós personaxes, aínda que non puido entreternos moito con esta novela porque a memoria non lle daba para máis.

Se queredes saber máis da súa vida e da súa obra, tedes que esperar ao próximo número da revista De pé a pa, onde poderedes ler unha completísima entrevista que lle fixeron as xemelgas, Laura e María.

Categoría: 3.- Novas - Publicado o 11-02-2008 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0