PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O último Harry Potter en galego

A Mocidade pola Normalización Lingüística anima a mozos e maiores a compraren en galego a derradeira das aventuras de Harry Potter

[22/02/2008]

A sección xuvenil da Mesa felicita a editora Galaxia polo ?éxito conseguido para o galego? ao presentar a tradución galega ao mesmo tempo que a castelá e a catalá

A Mocidade pola Normalización Lingüística, sección xuvenil da Mesa, súmase á celebración dos millares de persoas seguidoras das aventuras de Harry Potter pola saída ao mercado do derradeiro dos títulos da saga do xoven mago, Harry Potter e as reliquias da morte. Onte púxose á venda en todas as librarías a nova entrega deste fenómeno mundial da literatura infantil e xuvenil e, por vez primeira, é posíbel mercalo en galego sen ter que agardar meses ou mesmo anos a respecto da tradución ao castelán.

A Mocidade da Mesa considera este feito como ?unha boísima noticia para o noso idioma? e unha constatación de que ?cando existe a vontade necesaria, todo é posíbel para o galego?, en alusión ao firme compromiso da editora Galaxia coa tradución e edición das aventuras de Potter á nosa lingua.

O colectivo de mozas e mozos en defensa do galego fai un chamamento a toda a poboación, nomeadamente a cativos e mozos, aínda que non só, a acudir ás librarías e ?facerse cun exemplar de Harry Potter e as reliquias da morte no idioma propio de Galiza?, algo que para a sección é tamén ?un signo máis de compromiso e apoio ás creacións culturais feitas en galego, das que o noso país e, especialmente, a mocidade, está tan necesitado?. Para alén de todo isto, a Mocidade pola Normalización Lingüística anuncia que porá en marcha ?unha campaña de apoio e animación á lectura de Harry Potter en galego?, nomeadamente en centros de ensino, bibliotecas e outros espazos xuvenís.

Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 24-02-2008 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
Burra, no hables lenguas menores

A Mesa denuncia un caso de discriminación lingüística a unha empregada dun Carrefour da Coruña
Un xefe de sección recriminou a traballadora por dirixirse aos clientes en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou, nunha conferencia de prensa celebrada onte na Coruña, un novo caso de discriminación lingüística no eido laboral. Segundo relatou o presidente da asociación en defensa da lingua, Carlos Callón, un xefe de sección do centro comercial Carrefour situado na avenida de Alfonso Molina recriminou unha empregada por dirixirse aos clientes en galego.

Burra, no hables lenguas menores foron as palabras que lle dedicou á traballadora. Segundo a información da que dispón a Mesa, non é a primeira empregada á que esta persoa lle prohibe utilizar o galego no seu posto de traballo.

Esta non é a única queixa recibida na Mesa contra a discriminación do galego en Carrefour. Fran Rei, membro da directiva nacional da asociación cívica, sinalou que unha cidadá tamén denunciou que lle devolveron un escrito presentado nun centro de Pontevedra dicíndolle que, se quería ser atendida, debería redirixir o mesmo en castelán. "Aínda que estes dous casos que presentamos aquí se dean no ámbito privado, isto non significa que non estean suxeitos ao cumprimento das leis e o respecto dos dereitos dos cidadáns", explicou Fran Rei.

O presidente da Mesa explicou que "na asociación temos limitacións humanas e económicas para coñecer todas as discriminacións e sabemos que as que nos chegan a nós son só a punta do iceberg, e aínda así nos últimos dous anos levamos rexistrados corenta casos de mobbing lingüístico".
Carlos Callón pediulle a Carrefour que tome medidas para solucionar esta situación, e dirixiuse tamén á Secretaría Xeral de Política Lingüística, e á Consellaría de Traballo para que actúen contra casos de discriminación lingüística coma estes.
Artigo publicado en Galicia Hoxe
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 20-02-2008 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Padre Casares, o líder

A serie galega acada un 23,3% de audiencia, case dous puntos por riba de 'House' que baixa á segunda posición no país galego. Padre Casares estivo por riba de Los hombres de Paco, Los Serrano e House. Acadou unha cifra de 257.000 espectadores. Todo un éxito. E é que, cada capítulo, a serie aumenta en humor e intriga.
Para os despistados que non viran algún capítulo de Padre Casares, a páxina www.crtvg.es ofrece a posibilidade de visualizar as entregas xa emitidas desta primera temporada da serie.
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 19-02-2008 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0