PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Relato 2
Era o día antes de Nadal. Eu vagaba polas rúas de San Sadurniño sen decatarme de que un neno, duns catro anos, estaba a seguirme.
Non sei con precisión dende canto tempo levaba detrás miña, pero cando me parei nun bar, decateime de que o neno estaba alí, cuns farrapos en vez de roupa, unha pinta de famento incrible, e creo que tiña medo?
Pregunteille que pasaba, o neno non falaba, estaba morto de frío. Púxelle a miña chaqueta e leveino nos meus brazos ata casa.
Xa alí, cando parecía estar máis tranquilo, díxome o seu nome, e o que lle ocorría.
Pasadas dúas ou tres semanas, nunha mañá, levei o neno, Amil, ata a consellería de adopción. Tardaron un tempo, pero agora eu son pai dun neno cunha historia moi difícil de crer.
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 06-12-2012 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
Relato 1
A desigualdade dos nenos do mundo

Levanteime cando a luz do día me golpeou os ollos sen piedade, un día máis tiñamos que ir ás minas para traballar. Ao erguer a vista fixeime en que os demais nenos cos que compartía habitación marcharan, iso asustoume. Mirei ao ceo e vin que o Sol estaba moi alto, chegaba tarde! Non podía ser, agora pegaranme no traballo e recibirei máis lategazos.
Nese momento acordeime do que dicía o mestre dos nenos de Europa, que vivían libres e non tiñan que traballar. Rapidamente afasteime destes pensamentos e empecei a pensar nunha escusa. Iso recórdame a un neno que de tantos lategazos que levou morrera ao instante. Iso fíxome erguerme e vestirme rápido para ir traballar.
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 06-12-2012 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0