PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Relato 5
Era de noite. Andrea dicíame que tiña moito frío. Eu non sabía que facer,pero non podía deixar que a miña irmá morrera. Por sorte,ou quizás non, apareceu diante nosa unha camioneta vermella cunhas letras que destacaban:
DAMOS ALOXAMENTO A MENORES.
Sen pensalo, collín a Andrea e achegueime ao vehículo. Unha porta traseira abriuse. Entramos. A camioneta levounos a un edificio moi apagado. Un home cun aspecto fúnebre gritounos que entraramos no edificio. Obedecemos. A partir de aí, só recordo que estivemos case dous meses sendo maltratados. Alguén moi feo pegábanos cada día se non lle conseguiamos a cantidade de cartos que nos pedía. Grazas a Deus,a policía salvounos.
Agora, espero que nos adopten.Temos dereito a un anaco de pan.Temos dereito a unha vida.
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 06-12-2012 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Relato 4
NOVO AQUÍ

Eu non son de aquí. Veño dun país de África chamado Etiopía onde sobra fame e falta auga. Non me gusta dicir de onde son, os da clase insúltanme e métense comigo. Agás un neno. El tamén é novo na escola e aínda non coñece a ninguén.
Un día, non puiden xogar ao fútbol porque non me deixaban, e aquel neno que non se metía comigo, veume falar :
-Eu creo que o que teñen é envexa.
-Ai si! De que?
-De que ti sexas máis intelixentes ca eles.
-Que queres, que suspenda?
-Non, pero enfróntate a eles, non acougues! Eles ao ser un grupo pensan que son máis fortes, pero non e verdade.
-Pero a unión fai a forza ?
-Mentres non a formen covardes.
Dende aquel día non me molestaron máis e fun conseguindo amigos.
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 06-12-2012 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
Relato 3
Marcos e Antón

Marcos era un neno que quedara orfo aos oito anos; como non tiña familia, levárono a un orfanato. Ao principio custoulle integrarse no grupo de nenos, pero foino conseguindo grazas a Antón, un rapaz da mesma idade que fora abandonado polos país cando tiña tres aniños. Pronto se fixeron bos amigos.
Pasaron os anos e a Antón recolleuno unha familia. Marcos quedou triste, tantos anos de amizade e todo pola borda. Non era igual, xa non estudaba coa ilusión de gañarlle a Antón, xa non corría polas escaleiras do edificio, todo era distinto. . .
Despois dunha semana dixéronlle a Marcos que unha familia o ía buscar. El pensou nunha familia calquera. Cando viu a Antón, díxolle:
- Xa te botaron, non?
- Non, vimos buscarte, irmán!
Comentarios (2) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 06-12-2012 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0