PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Relato 8
A desgraciada realidade

Ola boas! Eu son Malik e teño 10 anos. Vivo nun lugar de África, pero
non coñezo o seu nome.
Cada día levántome, e vou traballar cos meus pais ao campo de recollida.
Chámano vertedoiro, pero eu chámolle campo sucio xa que ole moi mal.
Normalmente esta é a miña rutina diaria, pero hoxe pasou algo moi malo.
Viñeron unhas persoas cunhas armas e mataron a toda a aldea menos aos
nenos, que nos meteron nun camión cos ollos tapados. Cando me quitaron a
venda, estabamos diante dunha cova. Un home deume un pico e díxome que
tiña que atopar unhas pedras transparentes para poder comer.

Malik, hora da morte: 17:00.
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 07-12-2012 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Relato 7
Só, perdido, sen protección... Miles de nenos están coma ti, sen amor.
Confío en ti, atoparás a alguén que te coide. Conseguiralo! Hai moita
xente agardando a que os atopes. Aínda que non o creas e penses que non
é posible, sei que serás quen de aceptar a esas persoas. Agora viaxas sen
rumbo por esas rúas baleiras mentres estou eu aquí, refuxiado na calor
do coche mirándote, sentíndome culpable. Hoxe quizais non, pero igual
mañá vives nunha casa, con comida no prato e felicidade arredor. Tes que
achegárteme, aos pouquiños, e convidareite ao meu fogar. Tes que ser ti
quen veña e me elixa. Si! Vexo que te achegas! Petas na xaneliña. Podo
escoitar unha voz pedindo diñeiro e unha resposta que che cambiará a
cara e a vida.
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 07-12-2012 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Relato 6
Ollada á esperanza
Outro día máis, e outro, e outros máis que virán. Cada un peor co anterior. Un inferno. O meu inferno. O que daría eu por ir á escola. Aprender. Soñar. Soñar que se pode vivir mellor.
Día tras día chego ao meu catre farrapento, as bágoas inúndanme os ollos, turban a miña mente, convulsións de dor e impotencia intentando impedir que saian, mostrando a tristeza que me consome. Por que tanto sufrimento?
Sinto entón a luz da Lúa acariñándome o corpo desfeito. Alzo a cabeza e, polo oco do caído teito véxoas. A Lúa. As estrelas. Alí están, coma todos os días contemplando á humanidade, tranquilas, sereas e sabias. Pacientes. Un sorriso aflora entre as cinzas da tristeza, a miña mirada ilumínase. Xermina en min a Esperanza. Por que tanto sufrimento se as cousas más fermosas da vida non custan diñeiro?
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 06-12-2012 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0