PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Relato_11
A xornada de Merit

Como todos os días, Merit levántase as cinco da mañá xunto cos seus irmáns e pais para traballar na plantación de algodón.
Xa alí pasa a maioría do día separando o algodón da súa planta para despois acumulalo nun xigantesco recipiente e de seguido envialo a fábrica téxtil. E así varias veces ao longo da xornada.
-Oxalá puidera ir á escola coma David- Pensou Merit. -El non está traballando día e noite como fago eu.
Ao acabar a xornada coma todos os días Merit vai visitar a David para que lle conte o que fixo na escola.
-Pois hoxe -dixo David todo contento- en matemáticas, o profesor ensinounos como se suman números maiores que dez
-Que interesante -dixo Merit- cóntame máis-.
-Seguro? Non te aburres?-.
-Non en absoluto-.
-He! -dixo David- Esa palabra ensineicha eu!
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 10-12-2012 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Relato 10
A VIDA DE MOHAMED
Chámome Mohamed, teño oito anos e son un neno xordomudo. Cando fun medrando, eu vía como o resto dos rapaces ían a escola pero meu pai nunca me quixo levar, dicía que era perder o tempo pois segundo el un neno que non oe nin fala non pode aprender nada. Todos os días facíame erguer moi cedo para acompañalo a recoller chatarra polos vertedoiros para logo vendela. Miña nai sufría moito, pois ela consideraba que eu era un neno moi listo e que merecía unha vida coma a dos demais nenos. Un día, como outros moitos, que meu pai me estaba pegando, miña nai denunciouno. Dende aquela, podo ir á escola e teño moitos amigos cos que podo falar aínda que sexa sen palabras.
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 09-12-2012 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
Relato 9
Camerún, 255 días

Tiven que ir á enfermería pois volvín atoparme moi mal. Se sigo así moito máis tempo temo que me faga unha visita "O xigante branco". Hoxe veu buscar a Shain, un rapaz de 15 anos que aínda que era moi forte estaba enfermo coma min.O peor é que a quen colle non o volvemos ver endexamais. A miña irmá, Zulema, díxome que onte foran traballar ás minas de diamantes e feriran de gravidade a tres rapaces. Odio aquel lugar, a súa escuridade e o pó que se nos mete ata os pulmóns.Teño medo, frío e fame.Cando rematará esta tortura? Cando volveremos á nosa casa cos nosos pais?
O meu maior desexo é que isto só sexa un pesadelo e que remate pronto.

Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 09-12-2012 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0