PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Relato_14
Un orfo e o Nadal



Era xa tarde, era inverno, a rúa estaba conxelada. Eu buscaba un lugar onde acubillarme esa noite. Todos os demais rapaces estaban nas súas casas, disfrutando da cea de Nadal.
Estas datas para min, un neno orfo e pobre, eran moi tristes. Pensar en todos os Nadais perdidos, sen unha familia, sen un fogar, ...
Miraba todas as casas con anhelo de estar con algunha daquelas familias felices, e volver a sentirme querido por alguén, como antes da morte dos meus pais.
Dirixíame cara a praza maior da vila, onde se atopaba a grande árbore de Nadal. Aquela zona estaba chea de xente, eu estábame achegando á fermosa árbore cando un home, que estaba paseando con toda a súa familia, chocou contra min.
El preguntoume se non sabía onde estaban os meus pais ou se me perdera, e eu conteille toda a miña historia. Acto seguido díxome, que si quería, podía pasar o Nadal con eles.
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 10-12-2012 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
Relato_13
-Ola son Marc e fai un ano que a miña vida cambiou por completo. Foi o día en que os soldados entraron na casa onde vivía cos meus pais en Nixeria. Só tiña 6 anos e xa ía empezar a traballar. Leváronme a unha mina de carbón. Día e noite, eu sigo traballando. A miña saúde empeora máis cada vez que respiro o aire negro de alí abaixo. Sei que vou morrer novo como o resto dos meus compañeiros. Non sei se algún día vou saír de aquí, pero espero que isto cambie, aínda que eu xa non estarei.
Se encontras esta cinta compara a túa vida coa miña. Non sabes a sorte que tes de non vivir nun país así.
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 10-12-2012 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Relato_12
Eu, un ninguén, un pobre coma outro calquera; eu, un neno soldado coma moitos outros no meu país. A vida dun soldado non é fácil, sobre todo se es un neno. Eu son soldado dende os cinco anos, cando meus pais non tiñan moito máis que un par de táboas para refuxiarse e decidiron venderme ao exército para gañar algo de comida e cartos. Onte atopei un caderno nunha vila na que estivemos. Como me gustaría a min ir á escola, ter xoguetes que non fosen armas e vivir nun país civilizado onde non houbera guerras provocadas por ter un par de terras. Como eu me describo, un ninguén, un pobre, un neno soldado; un neno sen dereitos e analfabeto, como dirían nos países civilizados. Con esa auto descrición, comezo e remato este microrrelato da miña microvida neste duro planeta ao que chamamos Terra.
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 10-12-2012 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0