PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Votación no concurso de microrrelatos
Tendes ata o próximo xoves 20 para votar o voso relato favorito.
As instruccións fóronvos enviadas ao voso correo a través da aula virtual do centro.
Se non tendes actualizado o voso enderezo, entrade na aula virtual co voso nome de usuario e contrasinal, logo en "miscelánea" e por último en "normalización lingüística" para facer a vosa votación.
Recordade, un voto por persoa.
Comentarios (1) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 10-12-2012 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Relato 16

O neno chegou á súa casa, estaba deserta, coma sempre. Dende que os seus pais morreran era el o que traballaba, pensaba: teño sorte, teño un irmán de seis anos que tamén trae algo á casa, non como os meus veciños, que son oito irmáns e dúas irmás, e deles só dous superan os cinco anos. Teremos que empezar a pensar como vivir mellor, se polo menos fóramos á escola un ano, como os nenos ricos do meu barrio que poden permitirse ata durmir en camas. Outra solución sería emigrar, reunir o diñeiro para pagarlle aos señores aqueles a pasaxe para saír do país nunha patera...
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 10-12-2012 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Relato_15
Unha historia nunca vista
Eu era pobre e non tiña nada que facer. Cantaba e tocaba día e noite pola rúa cunha guitarra barata, pero ninguén me daba diñeiro. Un día un señor estraño achegouse a min, e deume unha moeda de un euro. Ao día seguinte dous, despois tres, catro cinco, dez, vinte, cincuenta? Ata que unha vez, chegou a darme cincocentos euros. Eu volvinme rico e xa non sabía nada daquel home. Ao cabo de seis meses aproximadamente de que me volvera rico, no periódico saíu a noticia de que o xefe máis rico de Galicia volvérase pobre. Non se sabía o porqué e eu non sabía quen era aquel home. Dinme conta de que era el, o tipo tan estraño que me daba tanto diñeiro. De pronto, era el quen andaba polo rúa pedindo, e eu axudeille un pouco. Faláballe e díxome que tiña cáncer, e xa non o volvín ver máis. ?Unha historia nunca vista? e rarísima da que nunca me esquecerei.
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 10-12-2012 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0