PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tuenti en galego


A rede social Tuenti xa está dispoñible en catalán, galego e éuscaro
Os usuarios de Tuenti, unha das redes sociais máis populares de España, dispoñen xa dunha versión en catalán, en galego e en éuscaro. Segundo afirman desde Tuenti, "trátase dunha aposta desde a rede polo local. Somos unha ferramenta de comunicación e por iso temos que ser relevantes na proximidade".


Fonte: Observatorio da lingua galega
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 03-12-2009 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Fenosa-Penosa co galego


Fenosa tilda de "inoportuna" a actitude da operadora que mandou falar en castelán a un cliente.

O Grupo Gas Natural asegura que a súa vontade é "prestar un servicio eficiente y de calidad a todos sus clientes" e que se trata dun feito "puntual"
Tras facerse públicas as gravacións nas que unha teleoperadora de Fenosa manda falar en castelán a un cliente, que reclamaba a solución dunha avaría e pediu os arquivos de audio ao non ver solventado o seu problema, tal e como establece a Lei de Protección de Datos, a empresa enviou un comunicado no que tilda a actuación da operadora de "inoportuna".


"O me habla en castellano o acabamos la conversación", chega a dicirlle unha traballadora do departamento de atención ao cliente de Gas Natural Unión Fenosa a un usuario. "A mí me habla en español, si no le importa, porque yo soy española, ¿de acuerdo?", di noutro momento da conversa, que se produciu en novembro do ano pasado.



O Movemento Polos Dereitos Civís (MpDC) reclamou as gravacións solicitadas ante a Axencia Española de Protección de Datos, despois de que a compañía Unión Fenosa declinara enviarllos. O MpDC decidiu facer público o contido dos arquivos de audio para denunciar o "maltrato" dado pola compañía eléctrica a un usuario e a "incompetencia" de Gas Natural Unión Fenosa.



Servizo "eficiente"
"La voluntad del Grupo Gas Natural es prestar un servicio eficiente y de calidad a todos sus clientes y trabaja con la perspectiva de avanzar en el proceso de integración con Unión Fenosa, así como en las sinergias que ofrece esta nueva situación", sinala a empresa nun comunicado.



A compañía asegura que "la atención a nuestros clientes de Galicia se realiza desde dos plataformas telefónicas ubicadas físicamente en esta Comunidad Autónoma, en la ciudades de A Coruña y Ourense". Ademais, precisa que a noticia recollida por este xornal remite a un feito "puntual", pero recoñece que a actuación da operadora foi "inoportuna".



"No podemos nada más que lamentar el hecho y ratificar de nuevo la vocación de atención a los clientes que tiene el Grupo Gas Natural", conclúe a firma.

Fonte:Xornal de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 03-12-2009 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Cando petan na porta pola noite

Pareceume moi bo libro sobre todo moi entretido.O que máis me gusta é que son historias de Galicia, o cal lle dá un toque distinto. Sorprendeume para ben como presenta os feitos, é dicir, como ocorren as cousas.Tamen é moi próximo e detallista e sitúa moi ben os feitos, por exemplo ao empezar as historias e na trama narrativa sempre vai situando os acontecementos o cal fai que sexa moi realista e ao ser lugares de Galicia, máis realista aínda.Tamén está moi ben que o vocabulario que utiliza é coloquial e non foi necesario coller moito o dicionario, isto ás veces resulta gratificante e axúdache a comprender o texto mellor. Hai unha cousa que non é que non me gustara, senón da que creo que o autor abusa demasiado, da violencia, e ás veces resulta excesivamente bruto,eu penso que aínda que sexa realista non ten porque ser tan violento, por exemplo,no momento no que queiman viva á vella hai demasiada violencia. En conclusión pareceume moi bo libro e moi interesante,sen dúbida recomendaríao.

Xabier, 2ºR
Comentarios (0) - Categoría: 5. A caixa dos libros - Publicado o 01-12-2009 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0