|
|
|
|
Dicionario galego das TIC |
|
Hoxe martes preséntase oficialmente o Dicionario Galego das TIC. Trátase dun proxecto desenvolvido desde a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia e financiado pola Consellería de Innovación e Industria, que pretende poñer a disposición da comunidade tecnolóxica un amplo léxico técnico en galego que facilite a utilización e a propagación do noso idioma dentro deste ámbito. O sistema aglutina un traballo conxunto de tecnólogos das TIC, deseñadores de aplicacións, docentes, lexicógrafos, etc... que desde o ano 2008 traballan conxuntamente na procura dun conxunto de termos para todas as áreas técnicas do coñecemento.
Se queres acceder a el fai clic aquí |
|
|
|
Un Nadal en galego |
|
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cerceda publicou unha pequena guía de agasallos culturais.
Libros para as e os peques da casa, novelas policíacas, éxitos en vendas, ensaios para gozarmos na cociña ou para reflexionarmos, música variada ou filmes para vermos nas nosas vacacións. Trátase dunha pequena colección cuxo fío condutor é a súa extraordinaria calidade e ter o galego como lingua vehicular.
Se queres, podes descargar unha copia deste texto nesta ligazón. Fai clic aquí |
|
|
|
Materiais en galego na rede |
|

De especial interese para todo o profesorado de Secundaria é o enderezo do espazo compartido para recoller materiais das distintas áreas de ensino (agás a das linguas), creados en galego e publicados na rede.
Está administrado polo ENDL e mais o ETIC do IES da Pobra do Caramiñal. Bótadelle unha ollada!
Fai clic aquí |
|
|
|
|
|
|
|
|