PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xa sabes quen é?


Nos últimos dous anos, Galiza intenta recuperar a figura do Pandigueiro, Apalpador ou Apalpabarrigas, que das tres maneiras se chama o noso Papá Noel, Olentzero, Santa Claus..., e que antigamente chegaba cargado de castañas. Se queres saber máis cousas sobre este personaxe tradicional do Nadal galego achégate ao taboleiro da biblioteca onde atoparás información abonda sobre el.

Que o seu fardelo veña cargadiño de agasallos para todos vós!

Bo Nadal!

Comentarios (0) - Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 21-12-2009 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Bala Perdida

O libro Bala Perdida gustoume bastante, entretívome e pareceume interesante.
O personaxe máis atractivo foi o de Rosa Ribeiro O´Flatherty, pois ela non ofreceu resistencia cando os piratas a intentaron levar. No barco mantivo a calma e fíxose a súa amiga en vez de enfrontarse a eles,tivo valentía ao non alterarse e pareceume moi madura. Os piratas tratárona ben e fixéronse os seus amigos.

O autor podería engadirlle cousas para que fose máis longo. Por exemplo:o que pasou coa relacion entre Rosa e o trompetista,qué fixeron co tesouro...

Recoméndolle a súa lectura á xente que lle gusten os libros de aventuras, que non lle importe a linguaxe dos piratas (xa que é un pouco obscena) e tamén aos que lles gusten os libros de bucaneiros.

Xoan 2ºS
Comentarios (0) - Categoría: 5. A caixa dos libros - Publicado o 15-12-2009 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Trece anos de Branca.


A min o que máis me gustou do libro foi a presenza de Branca,as gañas de superar unha mala experiencia,e,sobre todo, o apoio que lle dan os seus amigos e a súa familia.
É un libro distinto,sen dúbida,no que se describen os sentimentos dunha nena que se sente,por momentos,algo desgraciada.
Está claro que a idea de ensinar unha vida nun álbum de fotos é moi boa,e moi entretida.É unha maneira de decatarse de todos os bos momentos que pasaches,e de tódalas personas que te queren. Lendo este relato comezas a pensar en todo iso que resulta tan importante.
En xeral é un libro moi entretido e doado, que recomendaría a calquera persoa que lle guste ler e ver como se pode saír adiante facilmente e con apoio.
Persoalmente sentinme pouco identificada con Branca,xa que nunca me ocorreu algo así. Encontreime moi agusto lendo este libro, e encantoume saber o final, porque con axuda, paciencia, e entretemento todo pode saír ben.


Marta Varela Betolaza
2ºS
Comentarios (1) - Categoría: 5. A caixa dos libros - Publicado o 15-12-2009 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0