PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un libro de balde
En Vieiros atopamos esta boa nova:

As letras que caeron na rede
Xa podedes descargar en .pdf o libro que recolle os doce relatos inéditos co mar como protagonista escritos este verán polos nosos autores.

"Para un verán de argazos, barcas novas mandamos labrar..." Vieiros quixo que neste verán os nosos autores mirasen cara ao mar, o mesmo mar que nos conecta co mundo, o mesmo mar que defendimos durante a catástrofe do Prestige, "Os galegos sempre falamos da terra, e hoxendía cando falamos da terra todos temos na cabeza tamén o mar", dixo Suso de Toro.

No libro podedes atopar relatos de Alexandre Nerium, Luísa Castro, Marta Dacosta, Xosé Neira Vilas, Xurxo Souto, Pilar Beiro, Rexina Vega, Xabier Paz, Francisco Fernández Naval, Xosé Vázquez Pintor, Agustín Fernández Paz ou o propio Suso de Toro, que presentou o libro, xunto á conselleira de Pesca Carme Gallego.

Con esta iniciativa a literatura galega cumpre un chisco a débeda que mantén co mar, como recordaba a pasada semana Xosé Vázquez Pintor, co seu rico léxico e toponimia. O barco chegou a porto, nós tamén navegar. Velaquí tedes o que caeu nas redes.
Vai a Vieiros e descárgao de balde.
Categoría: 3.- Novas - Publicado o 03-12-2008 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0