PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O señor Ibrahim e as flores de Corán
O señor Ibrahim e as flores de Corán

O señor Ibrahim e as flores de Corán é unha pequena novela de apenas sesenta páxinas que relata os pensamentos de Moises, ou Momo, como o chamaba todo o mundo, un rapaz xudeu de once anos. Está ambientada no París dos anos sesenta, concretamente na rúa Azul; unha rúa real con pobreza, prostitutas e habitada na súa maioría por xudeus coma Momo. Esta rúa é moi diferente ás do centro de París, non ten nin tendas de luxo, nin grandes xardíns, nin pequenas cafeterías; todo iso é totalmente descoñecido para os seus habitantes.
O que máis chama a atención do relato é a cantidade de sentimentos que se poden expresar cunha soa historia.
Por un lado a falta de agarimo por parte dos pais de Momo. A súa nai abandonouno e o seu pai cúlpao a el da marcha desta. Non fai máis que comparalo co seu desaparecido irmán Popol.
Por outro lado a amizade que traba o protagonista co señor Ibrahim, un tendeiro musulmán que lle aporta sabedoría e outro punto de vista da vida que lles tocou vivir.
Tolerancia e respecto entre Momo e Ibrahim, que poden falar e reflexionar sobre as súas relixións, crenzas e pensamentos sen ofendérense nin enfadárense.
A esperanza, esperanza por un futuro multicultural que non distinga entre pobres ou ricos, entre musulmáns ou xudeus.
Tamén está a felicidade que atopa o rapaz, cos seus poucos aforros, cando vai visitar a unha prostituta da rúa Azul.
Sen dúbida, un curto pero intenso relato que nunha hora mergúllate noutro mundo, nun mundo que aínda que sexa descoñecido para ti, faiche reflexionar sobre o respecto, o multiculturalismo e a amizade.

Paula Carracedo 4ºA
Categoría: 5. A caixa dos libros - Publicado o 05-12-2008 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
O neno do pixama a raias
En tempos difíciles de guerra e sufrimento, moi lonxe do que agora son as nosas vidas, O neno do pixama a raias, amósanos unha historia distinta, dramática e realista.
John Boyne nárranos as vivencias dun rapaz de nove anos que intenta en todo momento entender o mundo que xira ao seu redor, comprender o que verdadeiramente está acontecendo na súa vida. Bruno é un neno que, a pesar da súa idade, reflexiona con madurez e sabe que é o que ten que facer: obedecer a seus pais e cumprir as regras. Pero ao mesmo tempo, quere descubrir ou coma el mesmo di,?explorar? lugares e facer cousas diferentes, especialmente agora que a súa vida cambiou moito. Tíñao todo, unha casa en Berlín de cinco andares, uns amigos para toda a vida e unha xanela por onde podía ver toda a cidade con tan só erguerse no bico dos pés. Todo isto, de súpeto, cambiou e sen que ninguén lle explicase as razóns da súa partida, tivo que adaptarse a unha nova casa, en Ouvichs, afastada da cidade, sen amigos e sen nada que facer.
Posiblemente, moitas persoas, aínda que non leran este libro, saberán simplemente coa palabra Ouvichs en que se centra esta historia, polo tanto penso que non debería revelar todos os acontecementos, nin responder a cuestións como qué ten que ver Bruno con este lugar ou por que se eles son alemáns teñen que desprazarse a Polonia.
Para min é unha historia verdadeiramente terrible, algo que ningún de nós viviu nunca e que oxalá no lle ocorra a ninguén. Creo que o autor da obra, sabe como enfocar este libro de maneira que poidamos ver dende o punto de vista dun neno tan pequeno, que é o que se lle pode pasar pola mente a unha persoa que realmente non coñece a situación do que está a acontecer. Esa foi a principal razón polo que considero que este libro merece ser lido.
Ademais, grazas a el, puiden coñecer máis cousas acerca da vida nesta época, como era o trato dun pai cara a un fillo, as obrigas que tiñan que cumprir, e a pouca liberdade de expresión tanto para os nenos coma para as mulleres.
Quizais o único aspecto negativo, ou algo que cambiaría, é que me gustaría que o autor afondase máis en cada personaxe ou que en determinado momento, nos explicasen tanto a nós como a Bruno a través das conversas dos seus pais ou entre os adultos, que é o que ocorre. Aínda que por outra banda, esa é unha das claves da historia.
Así é todo, só quero engadir que espero que con esta pequena opinión incite a ler O neno do pixama a raias e que vos produza a miña mesma emoción.
Laura Carbajo 4ºB

Categoría: 5. A caixa dos libros - Publicado o 05-12-2008 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
A caixa dos libros

O verbo ler non soporta o imperativo. Aversión que comparte con algúns outros: o verbo "amar"... o verbo "soñar".
Desde logo sempre se pode intentar. Imos ver: "¡Ámame!" "¡Soña!" "¡Le!" "Pero, le dunha vez, por Deus!" "¡Órdenoche que leas!.
-¡Sube ó teu cuarto e le!
-¿Resultado?
-¡Nada!

Daniel Pennac, Como unha novela

Na caixa dos libros só imos deixar algunhas suxestións e opinións sobre o que imos lendo, e despois... cada un que faga o que queira, ou que lea...
Categoría: 5. A caixa dos libros - Publicado o 05-12-2008 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0