PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Feliz Nadal Para Todos!!


Despois destes tres primeiros meses de esforzo e traballo do curso 2008-2009 unhas boas vacacións son ben merecidas e aínda máis se son nunhas datas tan sinaladas como o Nadal; cheo de regalos, reunións e ceas coa familia. Polo tanto no remate destes últimos días do pimero trimestre, o ENDL desexavos a todos vós un Bo Nadal e un Normalizado e Feliz Ano novo.



Categoría: 3.- Novas - Publicado o 17-12-2008 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Agasallos en Galego


Xa tes pensado os agasallos para este Nadal? Non rompas máis a cabeza,ímosche botar unha man. Pásate pola páxina da Consellería e atoparás máis de unha idea: móbiles, xogos, libros, pelis...
Preme aquí
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 17-12-2008 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Inmersión total no ensino
O Consello de Europa propúxolles ás comunidades autónomas españolas con linguas cooficiais que desenvolvan un modelo de ensino baseado na 'inmersión total' para aumentar a presenza destes idiomas á vez que cualificou de 'insatisfactoria' a situación do galego no ensino de Galiza.

Nun informe publicado este xoves, o Comité de Expertos do Consello de Europa, criticou que a educación en galego "non está amplamente dispoñíbel" en Galiza no ensino primario e secundaria e alertou de que o "número de nenos de educación preescolar cubertos" polo ensino en galego "segue sendo moi baixo", ao redor do 1,3 por cento.

Así, o informe recoñece que "houbo cambios no modelo educativo" nos últimos anos e encomia as medidas levadas a cabo pola Xunta a partir do anterior estudo do Comité de Expertos (en 2005), e "eloxia particularmente" o proxecto de 'Rede Galescola' posto en marcha por Vicepresidencia.

Con todo, os expertos do Consello de Europa consideran que estas medidas "non produciron resultados até a data" polo que insta o Goberno galego a "realizar melloras" na introdución do galego no sistema educativo.

No documento, o Comité de Expertos da Carta ?que foi asinada polo Estado español o 5 de novembro de 1992 e ratificada o 9 de abril de 2001? avalía a situación das linguas rexionais e minoritarias no Estado, a partir dun informe proporcionado polas autoridades sobre o cumprimento da Carta e tras unha visita "sobre o terreo" realizada entre o 10 e o 14 de setembro de 2007.

Outros territorios

O Comité de Expertos considera no seu informe "que se cumpre" o compromiso adquirido polo Executivo galego de promover a lingua fose do territorio da Comunidade Autónoma onde exista unha comunidade de falantes que o requira.

Así, no informe fálase do convenio asinado co Goberno de Castela e León para promover a lingua galega nos territorios do Bierzo e Puebla de Sanabria.

Ademais, os expertos encomiaron o Proxecto Galauda, que ofrece aos alumnos de secundaria de Catalunya a posibilidade de escoller o galego como lingua optativa e a presenza de cursos deste idioma no Instituto Cervantes de Madrid desde 2006.



Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 12-12-2008 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0