PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TEATRO EN GALEGO

O día 16 de outubro, os cursos de 2ºR e 2ºS, fumos de excursión ao Teatro Principal onde tivo lugar a obra de teatro ?A Tempestade? de William Shakespeare.

Próspero, duque lexitimo de Milán, foi expulsado de súa posición polo seu irmán e se atopa nunha illa deserta tras naufragar o seu buque. A obra comeza cunha forte tormenta, desatada por Ariel (a mandato de Próspero), cando adiviña que o seu irmán Antonio viaxa nun buque preto da illa na que se atopa. Nela, Próspero conta coa compañía da súa filla Miranda e cos seus estudos sobre o coñecemento da maxia. Próspero entra en contacto con espíritos como Ariel. Coa súa axuda, Próspero texerá o encantamento que lle permitirá iniciar a súa vinganza. Ao final Próspero renunciará á maxia perdoando aos seus inimigos e permitindo matrimonio entre a súa filla Miranda e Fernando.

A Tempestade, dirixida por Marta Pazos, é un espectáculo que conta con música e coreografía en directo e cunha iluminación e uns efectos especiais de moi boa calidade.

Ese día paseamos polas rúas de Santiago cos nosos paraugas abertos xa que era un día de moita chuvia, pero mereceu a pena ver unha obra que mesturaba comedia, amor e unha perfecta adaptación da obra orixinal de William Shakespeare ao século XXI.

Para rematar, queremos darlle as grazas aos profesores que nos acompañaron e esperamos facer moitas mas saídas.

Laura Cuesta e Ana Meijide. 2ªR.

A Tempestade
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 07-11-2014 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIAN TUNES

Estamos de noraboa; Galician Tunes é unha web que nos dá acceso a 410 vídeos musicais e a información sobre 325 discos, de artistas galeg@s permanece aberto á incorporación de novas bandas, artistas, empresas e festivais galegos. Aquí tedes os enlaces para disfrutar da música que se está a facer en Galicia.
foto
Portal da consellería
galicuantunes
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 07-11-2014 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0