PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Día da ciencia en galego
O día 4 de Novembro de 2010 celebramos o primeiro día da Ciencia en Galego dedicado a exaltar o papel da Ciencia na creación e profundamento da Cultura Galega. Sen Ciencia Galega e en galego non temos futuro.
Dedicámolo este ano a Afonso X, Ramón Aller e a James Clerk Maxwell.

No IES Pontepedriña imos realizar unha serie de actividades de xeito conxunto co IES de Sar. Algunha delas terá continuidade os días seguintes.

Aí tedes o programa previsto:

Día 4 e seguintes: Exposición de libros de Ciencia en galego. Lugar: Expositor da biblioteca da planta baixa.

Día 4.Conferencia do profesor Ramón Cid do IES de Sar ?A participación galega no LHC? para 1º de Bacharelato na Aula de Usos Múltiples.
Duración: 2ª hora (9:35-10:25) e 3ª hora (10:45-11:35) para alumnado de Bacharelato.

Día 4.- Experiencia de Torricelli. Lugar: Toda a cúpula do centro. Duración: 10:25-10:45.


Día 4.- O alumnado de 2ºA con Ciencias da Terra e catro alumnas de 2ºR irán ao IES de Sar a participar nas actividades conxuntas programadas nese centro.

Día 4 e seguintes: fractais de Mandelbrot. Exposicón de películas, fotografías e textos alusivos aos fractais, en homenaxe a Benoît Mandelbrot, recentemente falecido.

Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 03-11-2010 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Ciencia en Galego
imaxe do cernEstá semana, concretamente o xoves catro de novembro celebrase o día da ciencia en galego. Dende o instituto imos participar nesta celebración de varias maneiras. Entre elas unha conferencia sobre o CERN (siglas en francés de Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire, Organización Europea para a Investigación Nuclear), impartida por Ramón Cid.
O CERN é un gran laboratorio no que se investiga sobre como está feito o universo e como funciona. Foi fundado en 1954 e nel participan 20 estados. Entre outras apartacións no CERN foi onde naceu world-wide-web (WWW) , por Tim Berners-Lee en 1989.
A facultade de Física de Santiago de Compostela, colabora en varios proxectos co CERN
CERN
proxectos
Categoría: 3.- Novas - Publicado o 02-11-2010 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0