PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Populismos, academias e linguas







Reproducimos o artigo que publica hoxe no Xornal de Galicia Diego Taboada:


Existe a pedantería snob e clasista das academias, e existe tamén o populismo enxebre de curtas miras. Ámbolos dous son un verdadeiro cancro para a hixiene e a ecoloxía mental. A primeira escúdase na carta de autoridade intelectual inapelábel do especialista. O segundo escúdase na carta de autoridade das verdades das maiorías, como se o planeta Terra tivese que pasar a ser considerado o centro do universo só porque unha manchea de persoeiros decidisen por maioría que dous máis dous teñen que ser cinco. Por se non bastase con isto, a venerábel irmandade do populismo intelectual e a congregación de omnímodos académicos, teiman en loitar recíprocamente polo que eles consideran que debería ser un uso correcto da linguaxe. Para os primeiros, a linguaxe científico-académica ten que ser cercana á xente. Para os segundos, a fala cotiá é unha pseudo-linguaxe coa que non se pode aspirar a facer crítica literaria, ciencia ou literatura de ningún tipo. Vaiche boa; se non chegaba coa histórica esquizofrenia identitaria deste país, sempre abaneándose entre o auto-odio e o narcisismo, agora engadímoslle unha dose de esquizofrenia lingüística, como se os coñecementos científicos, adquiridos grazas ó esforzo de interpretación conceptual, non puidesen comunicarse coa accesibilidade e a comunicabilidade da fala cotiá, e como se a fala cotiá non tivese o seu propio pulso literario. Mais falemos de linguas. A lingua galega, lingua universal e concreta, é un ser vivo, móbil e transfonteirizo, como o seu feito literario. É un cu de mal asento, vaille a marcha. É un ser que fai milagres para resistir, dende a rúa, non só ó academicismo snob e pedante de certos filólogos de laboratorio, senon tamén ós clichés de certo populismo literario e ás acometidas políticas do furibundo auto-odio da apisonadora neoliberal de Don Núñez Feijoo. Que terá esta perigosa lingua chamada galego para xerar tantas controversias?. Escoitei argumentos da máis diversa caste ó longo da miña vida para xustificar o seu confinamento nun guetto. Argumentos economicistas ?non é útil para os negocios!?. Argumentos pseudo-xurídicos ?tratan de impoñérnola!?. Argumentos conformistas ?estamos ben como estamos!?. Argumentos culturalistas ?só serve para facer poesía!?, pseudo-cosmopolitas ?Better in English? e pseudo-pedagóxicos ?non serve para aprender matemáticas!?.Todos eles, evidentemente, falsos, porque a falsidade, o odio e o auto-odio, exprésanse de moitos xeitos. Como chegan estes argumentos e prexuízos a interiorizarse en boa parte da cidadanía? Moi sinxelo: do mesmo xeito que as mentiras tórnanse verdades: repetíndoas milleiros de veces. Ademais, a autoridade mediática e académica de certos intelectuais como Roberto Blanco Valdés ?La Voz de Galicia? ou Fernando Savater ?El País?, dende o dereito constitucional e a filosofía, respectivamente, axuda tamén a solidificar alguns destes prexuízos que, pouco a pouco, foron converténdose nun senso común acríticamente asimilado por boa parte da cidadanía. O interesado exercicio de nominalismo filosófico de Fernando Savater, por exemplo, exclúe a posibilidade de partir dunha análise socio-lingüística previa que ilustraría a asimétrica e desigual convivencia entre o castelán e as outras linguas, e connota parcialmente ó castelán como a única lingua potencialmente común do estado. O interesado exercicio de positivismo xurídico de Roberto Blanco Valdés exclúe tamén a necesaria análise socio-lingüística previa, e constrúe un individuo-illa en abstracto para defender a arbitraria e pouco matizada premisa de que os dereitos son para as persoas, non para as linguas. Ó parecer, existen os individuos deslinguados e aculturizados no aséptico reino epistemolóxico das verdades formais e abstractas do dereito. Todo punto de partida filosófico e epistemolóxico instrumentalízase, na loita política, para gañar un plus de hexomonía ideolóxica. As premisas de Savater e Blanco Valdés non son, nin moito menos, inocentes, por moito que eles quixesen verse a si mesmos no sedante paraíso da razón neutral e aséptica, ou na reconfortante posición de intelectual independente. Partir de esquemas ríxidos ou tipos ideais, tanto dende a filosofía como dende o dereito constitucional, sen baixar ó revoltoso mundo dos feitos socio-históricos concretos, é, con todo o respecto para ámbolos dous intelectuais, facer un fraco favor á honestidade intelectual. Como escritor, impúlsame a búsqueda da beleza e da universalidade, un san inconformismo estético. Como sociólogo, impúlsame a búsqueda da verdade concreta e a denuncia da inxustiza. Como home, creo que beleza, verdade, universalidade e xustiza deberían ir da man da memoria, por moito que isto incomode ó clasismo e á estulticia benpensante a escala planetaria. É, para min, unha obriga estética e cívica.
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 10-11-2009 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0