PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Corredores de sombra
Mañá vén Agustín Fernández Paz para falarnos da súa obra Corredores de sombra

Esta é a primeira das novelas galegas que aborda a temática da guerra civil e da represión da posguerra para un público xuvenil.
Agustín Fernández Paz é, con toda seguridade, o escritor de literatura infantil e xuvenil máis lido de Galicia. Títulos seus, como Trece anos de Branca, Amor dos quince anos, Marilyn, Cartas de inverno ou As flores radioactivas, áchanse entre os máis reeditados, e o seu nome é unha referencia para todos os galegos e galegas de menos de 30 anos, para os que escribiu historias de diversos xéneros e fundamentalmente de aventuras. En 2006 publicou Corredores de sombra, que continúa moitas das liñas abertas na súa traxectoria anterior (personaxes mozos, dilemas morais, loita entre o ben e o mal, aventura e misterio...) pero coa novidade de presentar como pano de fondo a temática da guerra civil.

A novela estrutúrase en 24 capítulos que responden a unha liñalidade narrativa practicamente total: sen máis saltos no tempo cós que ditan as narracións e lembranzas dos personaxes, a acción desenvólvese durante o verán de 1995. Quen narra a historia é Clara Soutelo, situada dez anos despois, cando algúns dos misterios da novela xa foron resoltos. Clara, a protagonista, tiña daquela dezaseis anos, escribía un diario e pasaba os veráns no pazo familiar. A partir dunhas obras de reforma na mansión, onde se descobre un esquelete emparedado, nace unha historia de pescuda na memoria e nos feitos históricos dunha pequena comunidade rural, Vilarelle.

Esta reflexión sobre a guerra civil e a represión subseguinte escribiuse no marco do Ano da Memoria e cando a rehabilitación dos republicanos apareceu de novo na discusión social e política de Galicia, 70 anos despois do golpe de estado de Franco. Nos Corredores de sombra, a fractura social da Guerra permanece logo de todo este tempo, simbolizada na oposición entre a familia rica, os Soutelo, e algunhas persoas vencelladas ás clases populares e o republicanismo, coma Miguel, o mozo de quen Clara rematará namorada. Pero é unha fractura que se resolve precisamente coas pontes que trazan tanto Clara e o seu tío Carlos coma Miguel, pontes que se constrúen sobre a memoria e o coñecemento dos feitos, e non sobre o río do esquenzo que defende o pai de Clara e cabeza dos Soutelo.

O debate trascende para alén do político e do histórico. A revisión das trabes familiares, onde non todo é como parece (o pai agocha un crime, a avoa estaba namorada doutro home, etc.), permítelle á moza protagonista medrar en carácter e ao mesmo tempo desenvolver o misterio da trama: quen é o esquelete aparecido e quen o matou. Así pois, a historia, contada dende a perspectiva da rapaza xa adulta, e sinalada polos fitos das páxinas do seu diario adolescente, dálle á novela tamén unha fasquía de narrativa de aprendizaxe, onde a difícil relación amorosa de Clara e Miguel completa a trama argumental.


Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 11-11-2008 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Campaña contra a definicion do termo 'gallego' no diccionario da RAE
Significados como 'tonto' ou 'tartamudo' para o termo 'gallego' deven ser erradicados do diccionario da Real Academia Española (RAE), por seren «incompletos e pexorativos». Ese é o propósito firme da recén fundada Asociación Cultural Garipano, con sede na cidade de Santiago de Compostela.
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 10-11-2008 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
LOITO NAS LETRAS
Morre Camilo Gonsar, o renovador cosmopolita da literatura galega.
O autor, que finou onte en Vigo aos 77 anos, logrou que a Galiza retomara o tempo literario europeo, alentando a súa conexión coas correntes internacionais da escrita.
Co libro 'Cara a Times Square', publicado en 1980, marcou un fito na narrativa en galego do século XX
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 10-11-2008 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0