PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Vocabulario Multilingüe sobre Economía
Xa se pode consultar na rede o Vocabulario multilíngüe de Economía (galego, español, catalán, éuscaro e inglés), un proxecto coordinado polo Institut Universitari de Lingüística Aplicada da Universitat Pompeu e Fabra e que participou a Universidade de Santiago de Compostela, xunto á Euskal Herriko Unibertsitatea e á Universiteit Antwerpende. Preme aquí para consultar.
Categoría: 2.-Ferramentas - Publicado o 18-11-2008 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Meditación ante o album de fotos familiar
Despois da visita de Agustín Fernández Paz ao I.E.S. Pontepedriña prometeunos,en primicia, o minirrelato ou xerme que deu lugar á súa gran historia "Corredores de Sombra". Se vos gustou ese libro isto vaivos gustar máis porque así entenderedes en que pensou e se baseou Agustín para a creación da súa novela. Velaí vai:


Levabamos anos falando de remodelar a ala dereita do pazo, pero nunca nos dabamos decidido. Este outono comezamos as obras, logo de vencer múltiples resistencias familiares. De acordo cos novos planos, procedeuse ao derrube das vellas paredes interiores. Entre os tabiques de dous cuartos pequenos, nun oco habilmente disimulado, apareceu un esqueleto enteiro nun magnífico estado de conservación. Levaba alí máis de cincuenta anos, segundo acreditaron os informes do forense. Os informes explicaban tamén a causa da súa morte cunha meticulosidade innecesaria: o cranio furado e a bala que apareceu na base da caveira eran testemuñas luminosas para calquera de nós.
Desde aquel día contemplo o álbum coas vellas fotos familiares e trato de distinguir, entre tantos rostros que me observan hieráticos, cal é o que esconde nos ollos a mirada do asasino.


Agustín Fernandez Paz
Categoría: 3.- Novas - Publicado o 18-11-2008 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Agustín Fernández Paz na Pontepedriña
Onte veunos visitar o recente premio nacional de narrativa xuvenil deste ano, Agustín Fernández Paz. Pese aos seus múltiples compromisos, non esqueceu aos seus lectores e achegouse ao Instituto para falarnos da súa obra.

Tras escoitar London Calling do grupo The Clash, e dunha fugaz presentación de Paula e Ester de 4ºB, Agustín falounos do que a el lle chama a atención ao escribir. Deixounos moi claro que o momento no que nacen as historias son momentos da vida cotiá, e contounos unha morea de anécdotas de cómo se inspirou para crear moitas das súas novelas. "O meu nome é Skywalker" xurdiu na porta dun Gadis que frecuentaba en Vigo; alí un señor pedía esmola e el deuse conta de que a xente pasaba ao seu carón como se fose invisible, partindo disto decidiu crear unha historia. Por certo, que unha das maiores alegrías que tivo foi a tradución deste libro ao coreano, o que lle fixo pensar que o importante das historias é que esteas ben, independem¡ntemente do lugar no que xurdan.
"Aire negro" e "Corredores de sombra" son as súas obras favoritas, aínda que a máis lida siga sendo "Cartas de inverno".
Nas súas novelas gústalle acompañar aos pesonaxes, pero logo deixa que cada un siga o seu rumbo cun final aberto.
Para a creación de "Corredores de sombra" sacou a idea dun conto pequeniño que escribira xa hai tempo (e que prometeu mandarnos). O primeiro que fixo foi un esquema dos personaxes, aínda que logo non apareza na novela, un autor ten que saber moitas cousas deles. Unha vez feito o mapa elaborou unha posible secuenciación da novela e unha cronoloxía. Logo escribiu o borrador a man, en cadernos de follas amarelas, "é un papel que ten un punto de satinado e escribo igual que sae a auga dunha fonte" dixo Agustín.
Despediunos agradecendo a nosa compaña, dando as grazas por ler os seus libros e animándonos a explorar un´ha che a de libros e autores.
Grazas a ti, Agustín!
Categoría: 3.- Novas - Publicado o 13-11-2008 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0