PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O galego no Twitter


Radiodifusión, rede de emisoras municipais, pídelles a tódalas persoas usuarias de Twitter que hoxe, entre as 16 e as 17 horas envíe entre cinco e dez comentarios sobre a lingua galega.

?Seguide, pois, asociándovos; xuntádevos contra dos vosos inimigos e seredes fortes, e seredes libres, e faredes libre e honrada, rica e poderosa a terra querida onde todos nacimos. Viva Galicia! Viva a solidaridade!? Así remataba, tal día como hoxe, o primeiro mitin político en galego. Daquela, o coruñés Manuel Lugrís apelaba á unión de labregos e gandeiros contra o caciquismo, e facíao no idioma no que todos falaban pero no que ninguén escoitara tales arengas.

Agora, e 103 anos despois, Radiodifusión pretende conmemorar aquel fito volvendo ?divulgar e prestixiar a lingua galega?. No canto dos centos de agricultores, o auditorio hoxe son os 145 millóns de usuarios da popular rede social twitter.

?Seguide asociándovos, xuntádevos?, dicía Lugrís, sen imaxinar que as súas recomendacións podían apelar no século XXI a milleiros de ordenadores e usuarios da Rede en todo o mundo. Así, a idea de hoxe non é outra que convocar a todos os galegos usuarios do twitter entre as 16 e 17 horas para que envíen entre cinco e dez comentarios sobre a lingua galega co tag #galega. O obxectivo: situarse entre os trending topics (temas máis empregados) na rede social para ?divulgar, prestixiar e levar a lingua a lugares onde non é usual?

Comentarios (1) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 06-10-2010 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0