PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O galego en twitter

Hai uns días o Web Ecology Project publicaba na rede os resultados da pesquisa que fixeran para saber cales son as línguas máis faladas no twitter.

Logo de analisar un millón de tweets usando o sistema de detección de idiomas do Google a través dun módulo python, resultou que a língua máis utilizada é o inglés, que chega case ao 63%, seguida do portugués, cun 9,5% dos tweets.

De entre o resto de resultados o relevante para nós vén ao chegar ao final da gráfica, na que aparece a nosa língua, Galician, no posto 22 de entre as máis utilizadas en twitter e a única das que aparece que non é lingua oficial de estado ningún.

Non está nada mal para unha língua que, segundo se publica na wikipedia, estaría no posto 138 de entre as línguas segundo o número de falantes nativos.

Collemos esta información do blog de Opaco
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 06-10-2009 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Ebooks galegos

Xerais lanza no seu 30 aniversario os primeiros ebooks galegos.

Manuel Bragado valora os avances na normalización do libro galego en tres décadas, pero sinala que ?temos moito camiño por percorrer?.

Un país e unha lingua normais necesitan ?unha expresión editorial acorde co seu tempo: profesional, moderna e que dialoga coas mudanzas que se van producindo?. Así explica Manuel Bragado, director de Edicións Xerais, as marcas de identidade da editorial, as mesmas coas que se constituíu en Vigo o 5 de outubro de 1979. Cando se cumpren 30 anos daquela data, Xerais prepárase para lanzar os primeiros ebooks en galego, como parte dun proceso de normalización do noso sistema editorial, no que ?temos moito camiño por percorrer?.

Xusto cando se cumpren tres décadas do seu nacemento, Xerais abre unha nova etapa coa publicación de dous ebooks entre novembro e decembro deste ano. Aínda que xa hai anos que as editoriais galegas tiran produtos dixitais, estes editaranse en formato ePub para os novos lectores de tinta electrónica. ?Serán os primeiros libros en galego que saian ao mesmo tempo en papel e en edición electrónica?, explica Bragado. O lanzamento producirase antes do Nadal, no que se agarda que despunten no Estado os novos soportes lectores de ebooks. Manuel Bragado considera que a publicación simultánea en papel e dixital é síntoma da ?estrita normalización: o contido por riba dos soportes?. O obxectivo é que sexa o usuario o que escolla por que medio quere acceder ao texto ?segundo as súas preferencias?.

Podes ler a nova completa en Vieiros. Preme
Aquí
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 06-10-2009 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Prolingua

Nace outra plataforma a prol do galego

Referendada con preto de mil sinaturas, o sábado presentouse en Compostela ProLingua, unha plataforma de carácter social en defensa do galego e contra os ataques da Xunta ó idioma propio. O escritor Xabier P. Docampo acompañado, entre outros, dos tamén escritores Agustín Fernández Paz e Mercedes Queixas, do profesor Quique Costas, do académico Francisco Fernández Rei ou mesmo do empresario Rafael Cuíña, militante do PP, sinalou como unha das súas prioridades ?que non se tome ningunha decisión contra a lexislación lingüística actual? que o propio presidente do Goberno galego, Núñez Feijóo está a poñer en cuestión.

Se queres ler a noticia completa Preme aquí
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 05-10-2009 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0