PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Entrevista a Adolfo de Abel
En Vieiros aparece hoxe unha interesante entrevista co que foi Director Xeral de Política Lingüística co goberno de AP, Aí tedes o comezo:


"Non é bilingüismo senón monolingüismo harmónico o que algúns defenden"
Colaborou na elaboración da Lei de Normalización Lingüística e foi delegado de Cultura en Lugo con Fernández Albor antes de ingresar en Coalición Galega.

Adolfo de Abel Vilela actualmente non ten militancia política ningunha, aínda que con anterioridade foi deputado de Alianza Popular no primeiro Parlamento de Galiza. Nesta época colaborou na elaboración da Lei de Normalización Lingüística e foi delegado provincial da Consellaría de Cultura en Lugo. Ademais, entre 1987 e 1989, durante o Goberno tripartito -PSdeG, PNG e Coalición Galega (na que ingresou)-, foi director xeral de Política Lingüística.

Adolfo de Abel Vilela (Lugo, 1946), profesor de secundaria e membro da Real Academia de Historia, considera que se está a realizar "unha cruzada absurda" contra o galego, "facendo política co idioma e creando un problema que non había, en contra dun dos patrimonios que defenden todos os pobos con autoestima, por razóns de identidade, históricas e culturais". Neste senso, sorpréndelle que "persoas cultas, que saben máis ca ler e escribir" participen tan activamente desta "cruzada".


Podedes lela enteira
Aquí
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 15-10-2009 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación

O domingo 18 ás 12 da mañá hai unha manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego,en defensa da nosa lingua,a hora do comezo é ás 12:00 na Alameda de Santiago. Vémonoa alí!!
Comentarios (1) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 15-10-2009 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
Comedia bífida
Mañá imos ao teatro. Imos á Estrada ver a Comedia bífida de Singala. Con moito sentido do humor, como debe ser, imos asistir a un xuízo á lingua, ou ao emprego que dela facemos os galegos. participaremos na farsa do xuízo dispostos a rir, sorrir e pensar. Porque algunhas das cousas que facemos e dicimos sobre a nosa lingua non as entende nin san Pedro...Será malo?

Como estamos totalmente de acordo co manifestado pola plataforma Prolingua con respecto á polémica xerada coa representación desta obra, deixámosvos unha ligazón para que poidades ler o que con moito tino din, e dicimos...Entra aquí
Categoría: 3.- Novas - Publicado o 14-10-2009 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0