PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Milleiros de persoas pola lingua



Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 19-10-2009 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación o domingo

Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 16-10-2009 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Xurxo Souto

Interesante a entrevista que publica hoxe o Xornal de Galicia con Xurxo Souto. Reproducímola:

?O Goberno está secuestrado por uns galegófobos elitistas?

?O futuro do idioma galego está en mans da xente nova da Coruña e de Vigo?

Inmerso nun persoal ?ano sabático? logo de deixar hai xa case seis meses a Radio Galega, onde era xefe de programas e presentaba un espazo de música en galego, o artista e comunicador Xurxo Souto (A Coruña, 1966) colabora e apoia á plataforma Queremos Galego, que convocou a manifestación en defensa da lingua propia de Galicia deste domingo en Compostela. Alí estará o ex cantante dos Diplomáticos de Monte Alto, que subliña a necesidade de crear discursos atractivos que seduzan á mocidade e fulminen os obxectivos de organizacións como Galicia Bilingüe.



O idioma galego atópase nunha encrucillada decisiva.

Neste momento apareceron una serie de nostálxicos que reivindican non saber galego como unha forma de status. É unha galegofobia que vén de atrás e que agora se fixo visible e organizada, é unha minoría que ten secuestrada ao Goberno actual. Ante iso, a maioría da sociedade ten que romper coa preguiza, porque o do galego foi un debate onde semellaba que todo o mundo era espectador, o que lle concedeu protagonismo a esta outra xente. Hai que dar un paso cara adiante.



Que cre que pasou para que se chegara a esta situación de perda de falantes e aparición de grupos contrarios con influencia na Xunta?

O tema do galego non se solucionaba cunha norma. A igualdade legal da muller non quita que haxa que seguir loitando contra a violencia de xénero. Houbo moita xente que se deixou levar. Cando morreu o ditador deuse un exame de conciencia colectiva e chegouse á conclusión de que o galego estaba marxinado. Eran épocas nas que ata Paco Vázquez pedía a autodeterminación, outros cambiamos o nome ao galego ou se empezou a ensinar a lingua na escola. Pero iso era un medio, non un fin, había que seguir traballando no día a día. Pero caeuse na preguiza, non houbo alento do Goberno e creáronse mitos escuros como por exemplo que o galego non valía para o rock?n?roll. Logo a xente empezou a tocar e se demostrou que non.



Hai que loitar contra iso que vostede chama ?mitos escuros?, sobre todo cos máis novos?

Aínda que poda soar raro, eu creo que o futuro do galego está na xente nova da Coruña e de Vigo. Outro mito é aquel que di que na Coruña non se fala galego, cando as enquisas aseguran que é cidade con maior número de falantes. Por exemplo, hai na Coruña algunha xente nova á que non lle interesa o galego, pero de súpeto aparecen seis grupos de rapaces que cantan en galego, o que chamo momento coruñento. Quen non fala galego? A xente nova. Quen valora máis o galego? A xente nova. Por iso, precisan referencias que lles animen a dar un paso cara diante.



Pero a saúde do galego nas urbes non é demasiado boa.

É certo que nos últimos cincuenta anos o galego foi perdendo falantes nas cidades, sobre todo na administración e na vida pública. Pero hai moita xente que fala castelán que valora moito o galego e sabe que forma parte do seu patrimonio. Esa xente non está de acordo co que representan os sectores neoespañolistas. Unha cousa é que non se fale e outra que non se valore. Hai moita xente nova que estaría encantada de que o galego tivese máis presenza ou de poder levar aos seus fillos a unha escola infantil na que se falara galego. Pero non se lle dá esa oportunidade. Hai demasiados tópicos escuros. Por exemplo, dicíase que o galego non servía para a comunicación, pero logo Gadis obtén un éxito tremendo cunha campaña en galego. O que precisa a lingua son bos contidos, especialmente para a xente nova. Un rapaz de Coia que non fale galego pode acudir a unha boa película en galego.



É tempo de críticas aos que atacan ao galego pero tamén de autocrítica.

Fomos un preguiceiros e caemos na indolencia. A primeira responsabilidade é de cada un de nós. E logo os Gobernos do PP non tiveron unha dinámica positiva co galego. Agora, podemos quedarnos parados e darlle o protagonismo a esta xente ou dar un paso adiante. O que representa Galicia Bilingüe é aos que non queren que exista o galego. Como di Xosé Manuel Pereiro, aquí somos todos bilingües menos os de Galicia Bilingüe, que falan sempre en castelán. Esa minoría predemocrática e aristocrática existe, pero a xente da rúa non se identifica con iso. E hai que chamar á xente do PP que vive a gusto no político pero sente certo desacougo con isto. Por iso son interesantes algúns movementos galeguistas que comezan a verse nun PP que non pode deixarse secuestrar por unha minoría elitista e galegofóbica.



Vostede dirixía un programa de música en galego na radio pública cuxa supresión foi moi protestada.

Existen 15.000 grupos e os medios públicos teñen a obriga legal de difundir a lingua e a cultura galega e se non o fan serán unha estafa aos contribuíntes. Agora hai unha nova dirección e hai que darlle unha marxe de tempo, pero tamén estar atentos para que cumpran.

Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 16-10-2009 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0