PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Samaín
Aí vos vai un vídeo feito polo Ceip Mestres Goldar de Vigo cunha canción do grupo Mamá Cabra.


Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 30-10-2009 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
O Samaín


O Samaín era o festival que comemoraba o cambio do ano dos celtas. Marca a fin do ano vello e o comezo do ano novo. O Samaín iniciaba o inverno unha das dúas estacións do ano dos celtas. Segundo alguns autores, grande parte da tradición do Halloween, do Dia de Todos os Santos e do Dia dos fieis defuntos pode ser asociada ao Samaín. Esta era a época na que as almas dos mortos volvían á casa para visitar os familiares, e para buscar alimento e quentarse no lume da lareira.
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 30-10-2009 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Astérix e Obélix en galego
O vindeiro ano festéxase o 50 aniversario do nacemento das aventuras de Astérix e Obélix. Adiantándose uns meses, a editora Salvat Bruño ten previsto lanzar ao mercado un novo tomo triplo, que estará dispoñíbel en castelán, catalán e, por vez primeira desde hai varios anos, tamén en galego.

Isto conseguiuse grazas ás campañas da Mesa, iniciativas de mestres e alumnos de escolas, as Ciberirmandades da Fala ou o BNG a través de varias preguntas parlamentarias. A publicación en 2005 de O ceo vénsenos enriba en 25 linguas mais non en galego, motivou que os alumnos do instituto brionés de Viceso se decidisen a traducilo pola súa conta; ademais, iniciaron unha recollida de sinaturas para preguntar pola razón deste esquecemento.

Sabiades que s primeiras traduciónsas fixo Blanco Amor nos anos setenta?
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 27-10-2009 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0