PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Chámate con xeito
A Área de Normalización da Universidade de Vigo pon en marcha unha campaña que ``pretende chamar á reflexión serena e informada sobre a nosa identidade onomástica. Se oficialmente todos os
topónimos galegos son Toxeiro ou Ameixeiras, por que os meus apelidos son Tojeiro e Ameijeiras, cando en castelán serían algo así como *Aliaguero e *Ciruelos ? En que lingua teño correctamente os meus apelidos ? En que lingua debería telos ? Prentedemos con esta
campaña que a xente se pare a pensar nisto e logo opte: ou en correcto galego ou en correcto castelán, pero nunca en formas híbridas de ningunha lingua, formas híbridas que non son senón o estigma dunha asimilación non consumada.´´
Ademais de poder consultar a orixe do teu nome, dun simulador de nomes e apelidos, e informacións legais; é posible enviar sms gratuitos dende a web que incluén publicidade
da campaña.
Entra na súa páxina:

http://www.chamateconxeito.com/




Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 16-10-2008 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus a Ramiro Fonte
O escritor e membro da Real Academia Galega Ramiro Fonte faleceu a media noite do sábado en Barcelona, no hospital de Bellvitge, onde se atopaba ingresado dende o 23 de setembro. Fonte, nado en Pontedeume en 1957, era director do Instituto Cervantes de Lisboa e un dos poetas máis importantes das dúas últimas décadas no país.

Ramiro Fonte foi un dos fundadores do colectivo poético Cravo Fondo en 1977 e publicou unha ducia de volumes de poesía, cos que obtivo numerosos premios, entre eles o da Crítica de Galicia, o Premio Losada Diéguez de creación, o Premio da Crítica española, o Esquío ( con Adeus Norte), ou o Miguel González Garcés. Tamén é autor de oito novelas, a máis recente A ponte nos ollos (2007), conclusión da triloxía Vidas de infancia.

Están a piques de saír do prelo dous novos poemarios de Ramiro Fonte: O xardín do pasatempo (editorial Tambre) e Reversos (Edicións Xerais), ambos os dous estarán nas librarías a finais de outubro. De Reversos é este poema que vos deixamos para lerdes:


Cabo prior
Por buscar aquela casa
Da infancia do meu amor
(xa se sabe: todo pasa)
Eu veño ó cabo Prior.

E así xulgo a inmensidade,
A obra dos mariñeiros,
As somerxidas cidades,
Os celestes estaleiros.

Peto na porta do faro
Neste solsticio de inverno;
Só un friorento paxaro
Parece exercer goberno.

Polas infinitas praias,
Polas soidades dos montes,
Por esa trémula raia
Do oceánico horizonte,

Alixeirado da dor,
Eu volvo ó cabo Prior.

Lembro a miña vella amiga:
Ela tirouse aquí ó mar.
Que o fadario me persiga
Se non lle veño rezar.
Categoría: 3.- Novas - Publicado o 13-10-2008 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Diccionario de inglés-galego
Para eses interminábeis deberes de inglés... para esas palabras anglosaxonas que se escapan do noso vocabulario, a universidade de Vigo deixounos un diccionario inglés-galego moi xeitoso.

Se queredes acceder a el PREMEDE AQUÍ
Categoría: 2.-Ferramentas - Publicado o 13-10-2008 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0