PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Achégate á Praza Roxa

Comeza en Santiago a itinerancia da Cova, o xogo das palabras encadeadas nunha nova versión adaptada á era dixital.
Esta instalación de última tecnoloxía percorrerá cinco cidades galegas, nas que convidará a todos os transeúntes a xogar coa lingua galega

A Cova suxire un percorrido que recrea o mito da caverna de Platón, e que servirá para elaborar unha cadea de palabras xigante entre todos os que xoguen

A Praza Roxa de Santiago de Compostela acolle desde o 29 de outubro e ata o vindeiro 2 de novembro, a instalación interactiva A Cova, unha iniciativa xurdida dentro da campaña ?En galego tes todo por vivir. Tócache!?, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A Cova é unha instalación de última tecnoloxía que ofrece un percorrido no que se recrea o mito da caverna de Platón, e na que todas as persoas que o desexen poderán deixar as súas pegadas, o seu mundo das ideas, a través do xogo das palabras encadeadas.

Os novos recursos tecnolóxicos permitirán construír entre todos os participantes unha cadea xigante de palabras, para o que se contou coa base de datos do Vocabulario ortográfico da lingua galega (Volga), que asegura a corrección das palabras que se insiran na cadea.

Itinerancia
A Cova está indicada para todos os públicos, sen distinción de idade, que recibirán un agasallo pola súa participación. En Santiago, permanecerá ata o vindeiro 2 de novembro.
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 30-10-2008 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
Vivamos como galegos en New York
O 'Vivamos como galegos' dos supermercados Gadis segue a triunfar na internet. Menos dun ano despois da estrea do primeiro anuncio, no Youtube hai ducias de copias das tres entregas da saga. Entre todas suman máis de 300.000 visitas. Isto convértea, en principio, na campaña publicitaria do país con máis impacto na historia da rede.

A empresa acaba de estrear a terceira entrega, neste caso ambientada en Nova York. Gadis insiste en empregar os tópicos da identidade galega para reforzar a imaxe de calidade dos establecementos do Grupo Tojeiro.

Como novidade, desta volta a web da campaña permite descargar varias tomas da sintonía da promoción, incluída unha curiosa versión dance. Ademais, os internautas poden solicitar unha camiseta co slogan da promoción.


Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 29-10-2008 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Come to learn galician!
Aquí déixovos o comezo dun artigo de gznación moi interesante sobre o galego na diversidade plurilingüe académica:

Nos últimos anos extendeuse cada vez máis a tendencia das viaxes intercontinentais para as prácticas lingüísticas, a mobilidade internacional de estudantes para aprender outros idiomas. Neste mundo da diversidade, do multiculturalismo baixo o manto das supraculturas impostas polo poder económico, é importante para calquera pobo o facerse un oco neste novo panorama que eu consideraría case tan turístico como académico... Se queres leer todo o artigo preme aquí
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 27-10-2008 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0