PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Conta contos


O pasado martes 18 visitounos un simpático contacontos de Santo Tomé, Ângelo Torres. Este rapaz contounos varias historias dun xeito especial... e en portugués! Pero o idioma non foi unha barreira, xa que entendemos perfectamente todo canto dixo.

Gustounos moito a súa maneira de facer participar ao público xa que isto incrementou a diversión.

Deleitounos coa historia de como chegou a ser conta contos, aprendemos que é o que máis desexan as mulleres, pasamos, en definitiva, moi bo momento divertíndonos e aprendendo.

Lara e Clara, 2ºR
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 31-01-2011 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
O Decreto da extinción
A "modestia galega"

Preséntase en Bremen unha tese de licenciatura que toma o Decreto de Feijóo como modelo para levar as linguas minorizadas á beira da súa extinción

O decreto do galego xa provocou unha marcada mobilización social na súa contra

Na Universidade de Bremen (Alemaña) acaba de presentarse unha tese de licenciatura que analiza os efectos das medidas lexislativas tomadas polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo sobre o galego. A tese, un "estudo empírico" supervisado po Klaus Zimmermann, asínaa Zuzana Pesselova e leva por título Auswirkungen der neueren galicischen Sprachpolitik im Kontext des galicischen Weltbildes ("As consecuencias da política lingüística galega recente nun contexto do mundo galego).

O que Pesselova realiza é un intento de avaliar as informacións que recolleu en setembro de 2010, usando como "fío condutor" os criterios da Unesco, establecidos para facilitar a avaliación do estado de perigo dunha lingua. Para a investigadora, a situación actual en Galicia vén caracterizada polas "dúbidas colectivas do sentido da lealdade cara á lingua", segundo as bases da Theory of Language Death, de Sasse, e por iso a investigadora escolleu o contacto de "morte da lingua" (Language Death) e "linguas en perigo" (Language Endangerment).

O principal resultado é que "a vitalidade é un proceso inherentemente creador" e que o Decreto do ensino do Goberno Feijóo "corta" un campo do uso do galego (as matemáticas o as ciencias naturais, denominados Loss of existing Domain), de tal xeito que recorta a lingua na súa vitalidade, "porque de facto prohibe a creacion da lingua nun campo determinado e prohibe o desenvolvemento libre dos seres humanos", en conexión tanto cos dereitos lingüísticos como cos dereitos humanos.

Pesselova observa catro tendencias: a máis importante é a que deixa a lingua marchar cara ao "falecemento" e que se acomete unha "política de violación e manipulación", ao tempo que se rexistra unha perda do material educativo e a consecuente interrupción de transmisión entre as xeracións.

Deste xeito, co Decreto do 2009, o galego pasa de ser avaliada como unha lingua vacilante a quedar no estatus de "definitivamente en perigo".

Na segunda parte do traballo, a investigadora intenta chegar a un entendemento máis profundo do caso galego a través dos conceptos de "sentimento vs. emoción" (baseados en lingüística antropolóxica e psicoterapia moderna) e "concepto do mundo interno e externo" (baseados en Wilhelm von Humboldt). Facendo a síntese das dúas liñas, chega a unha interpretación de "modestia galega" que fai a situación comprensible.

DATOSOs datos e as achegas

Para explicar o concepto do mundo galego actual, Pesselova sérvese das cualidades antropolóxicas máis destacadas da realidade galega e propón un proxecto para os galegos coherente con ese concepto.

Información de Galicia Hoxe
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 20-01-2011 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0