PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ferrín presidente da RAG
Xosé Luís Mendez Ferrín foi elixido este sábado novo presidente da Real Academia Galega, en substitución de Xosé Ramón Barreiro, grazas ao apoio maioritario dos membros do plenario. A candidatura de Méndez Ferrín (Ourense, 1938), a única presentada e que contaba cos avais do propio Barreiro, do arquiveiro da Academia, Xosé Luís Axeitos, e do catedrático de Filoloxía Ramón Lorenzo, recibiu 20 votos a favor, 3 abstencións e ningún voto en contra.

No acto, celebrado na sede da Academia na Coruña, tamén se renovaron os cargos da directiva, de tal xeito que Xosé Luís Axeitos será o novo secretario; Manuel González, ata agora secretario e presidente en funcións, ocupará a tesourería; Euloxio Rodríguez Ruibal será o arquiveiro e bibliotecario, e Francisco Fernández Rei farase cargo da vicesecretaría.

O novo presidente da RAG anunciou que o estilo e modelo de traballo seguirá unha liña continuista e avogará por facer máis efectivos os traballos internos. Así mesmo, avanzou que centrarán o seu esforzo na mellora dos traballos, sobre todo os léxico-gramaticais, e en actualización do dicionario, ademais de apartar á institución de debates como o das bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, xa que, apuntou, a Academia ''canto menos mediática, mellor''.

Na súa intervención, tamén lamentou que a ninguén se lle ocorrese a posibilidade de que a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela puidese albergar unha delegación da RAG, aínda que sinalou que a Academia está ''moi ben'' na Coruña e que ''se fósemos ricos'' terían unha delegación en Vigo.

Independencia económica
Xustamente o do orzamento foi un dos temas que se tratou e sobre o que opinou o secretario, Xosé Luís Axeitos, quen reclamou un orzamento ''estable'' para a institución, xa que o actual sistema de axudas ''atenta contra a propia independencia da Academia''. Por iso, entre os desafíos inmediatos da institución, fixou o de traballar por alcanzar unha subvención fixa ''digna'' para manter o compromiso da RAG coa lingua e a cultura galegas, e que cifrou en 1.200.000 euros.

Tamén aclarou que ningún académico cobra por selo e que a Academia ''lle custa diñeiro a todos'', aínda que dixo que isto tamén forma parte da esencia da súa independencia.

O académico e antecesor no cargo de Méndez Ferrín, Xosé Ramón Barreiro, tamén se referiu a esta cuestión, sobre a que opinou que o Goberno bipartito da Xunta estivo a piques de incluír unha partida para a Real Academia Galega nos orzamentos, pero dixo que finalmente, e por decisión do entón conselleiro de Economía non se chegou a materializar. No entanto, o seu sucesor no cargo restou transcendencia a este asunto e alegou que a ''indixencia económica é unha constante na historia da Academia''.

Méndez Ferrín convértese así no undécimo presidente da centenaria institución en substitución de Xosé Ramón Barreiro, que ocupou o cargo desde 2001 e que, tras dúas lexislaturas, tívoo que abandonar en cumprimento dos estatutos


Tiramos esta nova do xornal El Progreso de Lugo
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 25-01-2010 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
A mellor pancarta da mani



A nosa!!!!!
Comentarios (3) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 22-01-2010 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de éxito total contra o Decreto


Se queres acceder a toda a información sobre a folga e manifestación que vén no Galicia Hoxe.

Preme aquí
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 22-01-2010 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0