PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Máis filmes en galego
A Mesa denuncia a escaseza de filmes dobrados ao galego.Pon como exemplo o caso da película "Pérez, o ratiño dos teus soños" que, nas carteleiras da zona de Ferrol, só se pode ver en castelán
O pasado mes de decembro estreouse unha nova entrega da saga de animación do ratiño Pérez, Pérez 2, o ratiño dos teus soños, a cal continúa aínda nas carteleiras das salas ferrolás. Porén, só se ofrece a posibilidade de vela en castelán, malia existiren copias en lingua galega. Segundo lembra a Mesa, o Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado por unanimidade no Parlamento no ano 2004 márcase como unha das medidas para aplicar: "Promover a dobraxe ao galego de polo menos 10 filmes anuais, dos que presenten maiores expectativas comerciais".

Segundo palabras de Carlos Outeiro, responsable da Mesa na zona de Ferrol, "non só non se está a cumprir esta cativa cantidade" senón que ademais "cando se realiza faise paralelamente unha versión en castelán para acantoar a galega no plano anecdótico e folclorizante, reservando o papel principal para o castelán ao priorizar a súa distribución en prexuízo da versión en galego".

Isto foi o que aconteceu, na súa opinión, co filme galego O espírito do bosque, ao realizarse unha versión en castelán.

Unha actuación que xa foi denunciada pola Mesa da comarca de Ferrol "por supor un chanzo máis no proceso de substitución do galego polo castelán, evidenciando o rexeitamento a se asumir o noso idioma como un dos do estado español", sinalou Carlos Outeiro. En datas como as que acabamos de pasar, a oferta de filmes de animación dirixidas ao público infantil faise maior.

Nova tomada de Galicia Hoxe
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 15-01-2009 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Nova web para a difusión na rede das letras galegas
Segundo os seus responsábeis, www.letrasgalegas.org nace coa vocación de converterse nun espazo de referencia para obter información sobre o patrimonio literario galego. A web é unha iniciativa da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes en colaboración co Centro Ramón Piñeiro e está coordinada polo profesor Anxo Tarrío.
Letrasgalegas.org dispón apenas de cen obras para a súa consulta pública, a maior parte libros editados polo propio Centro Ramón Piñeiro (CIRP), ou xa dispoñíbeis previamente, como os especiais dedicados a Martín Códax e Rosalía pola Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, e un bo número de estudos críticos publicados polo CIRP.

Entre o máis interesante do portal está o acceso ás edicións facsímiles de varias publicacións galegas na diáspora publicadas a comezos do XX, como Eco de Galicia (A Habana, 1917-1936), Galicia (Centro Galego de Caracas, 1952-1954) e Tierra Gallega (Montevideo, 1917-1918). E tamén a fonoteca, na que se poden escoitar, recitados, poemas de Rosalía, e con acompañamento musical de Martín Códax. Neste 2009 espérase que se incorporen á web dous novos especiais, dedicados a Pondal e Curros, semellantes ao xa existente sobre Martín Códax. En definitiva, unha nova iniciativa para colocar as nosas letras na rede, que se vén sumar a moitas outras, como a Biblioteca Virtual Galega da Universidade da Coruña, e que sería positivo coordinar dalgún xeito.

Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 14-01-2009 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
OLLO!!!! Concurso para músicos galegos
A Coruna son 09


Concurso para músicos que escriben as súas letras en galego. Se compós música na nosa lingua sube o teu vídeo ou mp3 a http//acorunason.eu.

Os dez gañadores serán premiados cunhas leccións maxistrais de Santiago Auserón e gravar un disco colectivo!!
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 12-01-2009 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0