PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Concurso das Letras Galegas
Como xa leva facendo estes dous anos anteriores, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca o concurso, dirixido aos centros educativos, para a elaboración dunha exposición sobre a obra e a situación sociolingüística da época vivida polo autor homenaxeado na celebración das Letras Galegas, centrado este ano en Ramón Piñeiro López. O prazo límite para a entrega dos orixinais presentados a concurso remata o 22 de febreiro.

Para coñecer os premios preme Aquí

Desexamosvos que esta información sirva de estímulo para o voso traballo en materia de dinamización lingüística.
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 20-01-2009 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Fahrenheit 451
Fahrenheit 451 de Ray Bradbury

Polo menos, o que se pode dicir de ?Fahrenheit 451? é que é un libro diferente. Afástase de convencionalismos, rompe os esquemas da escrita. É certo que iso pode levar a deixar ao lector un pouco confuso, coma se non fose capaz de seguir o caos que se desenvolve na novela, pero paga a pena pararse a reler.
?Fahrenheit 451? sitúase nun mundo no que os libros están prohibidos, os bombeiros provocan incendios en vez de sufocalos, e no que a xente se illa cada vez máis nas súas familias virtuais que teñen no salón. Montag é un bombeiro, dedícase a queimar libros, e mesmo casas se fai falta. Está casado, pero a súa muller cada vez está máis lonxe del. Un día, coñece a Clarisse, unha rapaza que ante a pregunta de cantos anos ten responde o seguinte: ? Teño dezasete anos e estou tola. O meu tío di que unha cousa implica a outra e que se alguén me pregunta a idade, que diga sempre que teño dezasete anos e estou tola?. Clarisse é unha rapaza moi especial que provoca en Montag o desexo de ler, saber, vivir...
A partir de aí o libro segue as andanzas de Montag para protexer os libros e escapar dos seus compañeiros, ao mesmo tempo que reflexiona sobre a importancia dos libros e como seriamos se estes non existisen ou estivesen prohibidos.
En resumo, é un bo libro, diferente, un reto (xa dixen que ás veces é difícil de seguir) que paga a pena aceptar. Unha curiosidade, o seu título fai referencia á temperatura á que arden os libros, e comeza cun excelente (na miña opinión), cun excelente relato curto do autor a modo de prólogo.
Ana Vázquez, 4ºA
Categoría: 5. A caixa dos libros - Publicado o 15-01-2009 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
O Cazador de palabras na TVG
Este novo programa de entretemento lingüístico, presentado por Matías Tarrío, é un espazo familiar que intenta demostrar que a lingua pode ser empregada en todas as circunstancias e para falar de calquera cousa, seria ou divertida, social ou familiar, científica ou popular. Así, en cada entrega, "Cazador de palabras" escollerá un tema e viaxará a través del coa intención de recoller palabras moi usuais ou pouco coñecidas, diferentes segundo as zonas dialectais e curiosas pola súa historia e evolución. Sempre coa complicidade dos propios falantes e de especialistas, xa que serán eles os que exemplifiquen o uso que fan de determinadas palabras a través das súas prácticas cotiás.

O Cazador de palabras sairá esta noite por primeira vez ás 21.45 na busca dos termos máis rechamantes da lingua galega. Nesta primeira emisión, o programa introducirase na linguaxe empregada no deporte rei, o fútbol, para recoller as palabras e expresións máis técnicas e populares. Pero non todo o tempo estará dedicado ao fútbol, senón que o cazador tamén trata de atopar pezas curiosas naqueles deportes en que, na actualidade, trunfan galegos. O capítulo rematará cun repaso polo léxico dos deportes tradicionais.
Nesta primeira edición dedicada ao léxico do deporte participan o ex deportivista Fran e Arsenio
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 15-01-2009 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0