PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Música galega na TVG
A Televisión de Galicia estrea ás catro da tarde deste sábado, 31 de xaneiro, Banda Curta, un novo programa musical con actuacións de grupos en directo e ante público.
Diríxeo Alfonso Pato, preséntao Luís Pardo, e gravarase na sala LP 45 de Ordes. Banda Curta nace con vocación de dar a coñecer o amplo panorama da música pop e rock en Galicia, os grupos emerxentes ou as bandas que usan a rede de locais de ensaio. Neste primeiro programa actuarán os vigueses The Blows e os granadinos Lori Meyers, e tamén haberá unha sección dedicada a saber que foi dos grupos que emerxeron coa chamada "Xeración Xabarín", ou ADN, en que personaxes populares como Luis Piedrahita darán a coñecer os seus gustos musicais.

Unha reportaxe amosará as peculiaridades de Don Ramiro, unha aldea de Lalín en que hai até catro grupos punkies (confirmando aquela tese de Novedades Carminha, "Todos los punkis nacen en Lalín"), ou o grupo Agoraphobia, xurdido no local de ensaio de Boiro, formado por catro rapazas moi novas. Polo plató do programa tamén pasará o fotógrafo Janite. Amais de música en directo, Banda Curta achegará reportaxes e entrevistas sobre todos os estilos musicais, as novidades do mercado ou axenda de concertos.

Collemos a nova de A Nosa Terra
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 30-01-2009 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Os vellos non deben de namorarse
Volvemos subir a canción de Lela, pero desta vez cos debuxos que fixo Castelao para a súa obra Os vellos non deben de namorarse.

Vai para os de 4ºda ESO. :-))))

Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 26-01-2009 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Praza das letras
Praza das letras é un proxecto que votou andar coa participación de colectivos de traballadores de edición e escritores.Está pensado para conter e dinamizar coñecemento do noso discurso literario, crítico e documental.
A web da Praza de letras busca xuntar o coñecemento e dinamizar a actividade social, creativa e económica.

Se queres visitala preme aquí.
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 20-01-2009 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0