|
|
|
|
ACoruñaSon |
|
ACoruñaSon é un certame de creación de canción popular organizado polas concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña. Este certame, que ten como obxectivo fomentar, descubrir e promover a novos autores e autoras de canción popular en galego, ábrese coa selección de dez autores. Os dez terán como premio a asistencia a un obradoiro de canción popular dunha semana de duración impartido por Santiago Auserón, primeira figura da creación, a interpretación e o estudo da música popular peninsular, onde traballarán as súas propias composicións. A actividade final do obradoiro será a gravación dun disco colectivo durante un concerto ao que serán convidados representantes de todos os sectores da industria musical galega.
Os autores que non foren seleccionados entre os dez participantes do obradoiro, así como outras persoas interesadas en asistiren ao Obradoiro de Canción Popular que será impartido por Santiago Auserón do 24 ao 28 de marzo na Coruña, teñen a posibilidade de se matricularen en calidade de alumnos oíntes. Para formalizaren a matrícula, deberán seguir o proceso que se indicará proximamente na web do certame.
|
|
|
|
O sétimo libro de Harry Potter aparece en galego |
|
Harry Potter e as reliquias da morte publicarase simultaneamente en España, Latinoamérica e Estados Unidos.
Colpisa
21/1/2008 LA VOZ DE GALICIA
A sétima e última entrega das aventuras do aprendiz de mago Harry Potter sairá á venda en español, catalán e galego o 21 de febreiro cun lanzamento simultáneo en América Latina, España e Estados Unidos, segundo informou o luns en México a editorial Océano.
«'Harry Potter e as reliquias da morte', sétima e última entrega da monumental saga creada por J.K. Rowling, publicarase simultaneamente en castelán, catalán e galego en España, Latinoamérica e Estados Unidos, o 21 de febreiro de 2008», indicou a editoria nun comunicado.
A tirada total en español, que consta de sete edicións distintas, será de aproximadamente un millón e medio de exemplares, engadiu o documento.
No seu lanzamento mundial, en xullo de 2007, 'Harry Potter And The Deathly Hallows', título en inglés da sétima entrega, vendeu 8,3 millóns de exemplares en Estados Unidos e 2,3 millóns en Gran Bretaña, co que se converteu no libro máis vendido da historia nas primeiras 24 horas.
En América Latina, a versión en inglés do esperado final da saga de Harry Potter vendeu decenas de miles de exemplares e colocouse durante varias semanas como un dos éxitos de vendas.
|
|
|
|
Lela |
|
Unha canción máxica interpretada pola portuguesa Dulce Pontes.A letra atópase na obra de Castelao: "Os vellos non deben de namorarse" Se queres escoitala pincha aquí
|
|
|
|
|
|
|
|
|