PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Recursos para o galego
Moi recomendable esta páxina da deputación da Coruña onde podes atopar todo tipo de ferramentas útiles para a lingua: correctores, dicionarios, vocabularios... No apartado linguateca aparecen nomes de home e muller co seu significado, ou a distribución xeográfica do teu apelido. Pincha aquí e compróbao.
Para accederes á paxina fai click aquí
Categoría: 2.-Ferramentas - Publicado o 27-01-2008 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
O cómic galego viaxará a Angouleme, La Habana ou Beja
Redacción . O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, reuniuse este xoves en San Caetano coa Mesa pola Banda Deseñada para planificaren as actividades a prol do sector neste ano.
17.01.2008 | 17:34-A NOSA TERRA
Xa para a semana, do 24 ao 27 de xaneiro, o cómic galego gozará dunha oportunidade para a promoción internacional ao participar no Festival de Angouleme en Francia. Por primeira vez, a Consellaría de Cultura e Deporte achegará a esta feira un stand de seu coas últimas creacións dos autores galegos. A exposición 'A Banda Avanza' e unha selección de publicacións feita pola Mesa da BD, que recolle a produción actual en Galiza de autores como Antonio Seijas, David Rubín, Fausto Isorna, Manel Cráneo, Kike Benlloch, Miguelanxo Prado, Pepe Carreiro, Norberto Fernández ou Xaquín Marín, serán as principais mostras da boa saúde da novena en Galiza. Repartirase tamén o CD 'BDG' do Consello da Cultura Galega e os catálogos da mostra 'Dez anos de viñetas'.
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 23-01-2008 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Obstáculos á lingua nas aulas
'BILINGÜISMO HARMÓNICO'? MESTRES DE GALEGO ENSINAN EN ESPAÑOL A Mesa advirte que o decreto de galeguización no ensino fica lonxe de cumprirse. Ao respecto, achegan algúns dos exemplos "máis graves".

R.N. - 16:30 23/01/2008 -VIEIROS
Tags: A Mesa decreto

A Mesa está elaborando un informe ao respecto destes incumprimentos, analizando a situación en centros educativos de todo o país. O resultado final non será presentado até final de curso, pero durante a recollida de datos xa abrollaron escenarios decepcionantes. Alén do caso lugués antes mencionado, Callón cita o doutro centro público onde a materia de Lingua Galega está sendo impartida en castelán por un dos docentes. A investigación recolle tamén tres casos de escolas públicas onde alén da materia específica de Galego todas as demais son ensinadas en castelán. A galería de exemplos máis graves inclúe tamén o dunha profesora de historia que lle dita en castelán aos alumnos os textos do libro de aula, orixinalmente en galego.

Estes e outros casos son algúns dos exemplos que a Mesa pola Normalización Lingüística lle vai achegar proximamente á Consellaría de Educación. O colectivo recorda que o mínimo do 50% de clases en galego que a normativa estabelece como mínimo está lonxe de cumprirse e sinala os altos niveis de incumprimento que están sendo detectados.

En Infantil: demanda desatendida
A Mesa sinala tamén a decepción fronte ao fornecemento de aulas en galego para os máis cativos. O presidente do colectivo, Carlos Callón, lembra que o proxecto piloto posto en marcha pola consellaría para estabelecer unha oferta de centros de ensino en galego para a etapa de infantil quedou en "case nada". Din desde a Mesa que malia a demanda existente en varios lugares, onde o número de pais e nais que solicitaron aulas en galego para os seus fillos superou amplamente a oferta realizada pola consellaría, de momento non se atendeu aos requirimentos.


Para ver máis pincha aquí
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 23-01-2008 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0