PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O sétimo libro de Harry Potter aparece en galego
Harry Potter e as reliquias da morte publicarase simultaneamente en España, Latinoamérica e Estados Unidos.
Colpisa
21/1/2008 LA VOZ DE GALICIA
A sétima e última entrega das aventuras do aprendiz de mago Harry Potter sairá á venda en español, catalán e galego o 21 de febreiro cun lanzamento simultáneo en América Latina, España e Estados Unidos, segundo informou o luns en México a editorial Océano.
«'Harry Potter e as reliquias da morte', sétima e última entrega da monumental saga creada por J.K. Rowling, publicarase simultaneamente en castelán, catalán e galego en España, Latinoamérica e Estados Unidos, o 21 de febreiro de 2008», indicou a editoria nun comunicado.
A tirada total en español, que consta de sete edicións distintas, será de aproximadamente un millón e medio de exemplares, engadiu o documento.
No seu lanzamento mundial, en xullo de 2007, 'Harry Potter And The Deathly Hallows', título en inglés da sétima entrega, vendeu 8,3 millóns de exemplares en Estados Unidos e 2,3 millóns en Gran Bretaña, co que se converteu no libro máis vendido da historia nas primeiras 24 horas.
En América Latina, a versión en inglés do esperado final da saga de Harry Potter vendeu decenas de miles de exemplares e colocouse durante varias semanas como un dos éxitos de vendas.
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 23-01-2008 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Lela
Unha canción máxica interpretada pola portuguesa Dulce Pontes.A letra atópase na obra de Castelao: "Os vellos non deben de namorarse" Se queres escoitala pincha aquí
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 22-01-2008 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
A realidade do galego, a análise en Bruxelas
ENCONTRO ?GALICIA HOXE- 20 DE XANEIRO DE 2007

Marisol López reúnese mañá co comisario europeo de Multilingüismo.
A secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Marisol López, reunirase mañá en Bruxelas co Comisario Europeo de Multilingüismo, o romanés Leonard Orban, a quen lle trasladará a realidade lingüística galega.

Por outra banda, dende onte pódese atopar na web de Política Lingüística a sección Canta cos Axoúxeres, unha proposta para que os pais lles transmitan aos fillos as cancións tradicionais galegas dirixidas á infancia. idade lingüística galega. Deste xeito, Política Lingüística facilita a descarga destas pezas infantís. As cancións forman parte do repertorio dos Encontros dos Axoúxeres, cos que distintos artistas galegos percorren Galicia difundindo estas pezas tradicionais entre as familias galegas.
Política Lingüística programa novas citas dos Encontros dos Axoúxeres, que darán comezo o día 25 en Ribeira, onde actuará Mercedes Peón, quen volverá actúar o día 27 en Monforte. A fin de semana dos días 8, 9 e 10 de febreiro será Uxía quen actúe en Betanzos e Ribadavia.
Categoría: 3.- Novas - Publicado o 22-01-2008 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0