PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TEATRO EN GALEGO

O día 16 de outubro, os cursos de 2ºR e 2ºS, fumos de excursión ao Teatro Principal onde tivo lugar a obra de teatro ?A Tempestade? de William Shakespeare.

Próspero, duque lexitimo de Milán, foi expulsado de súa posición polo seu irmán e se atopa nunha illa deserta tras naufragar o seu buque. A obra comeza cunha forte tormenta, desatada por Ariel (a mandato de Próspero), cando adiviña que o seu irmán Antonio viaxa nun buque preto da illa na que se atopa. Nela, Próspero conta coa compañía da súa filla Miranda e cos seus estudos sobre o coñecemento da maxia. Próspero entra en contacto con espíritos como Ariel. Coa súa axuda, Próspero texerá o encantamento que lle permitirá iniciar a súa vinganza. Ao final Próspero renunciará á maxia perdoando aos seus inimigos e permitindo matrimonio entre a súa filla Miranda e Fernando.

A Tempestade, dirixida por Marta Pazos, é un espectáculo que conta con música e coreografía en directo e cunha iluminación e uns efectos especiais de moi boa calidade.

Ese día paseamos polas rúas de Santiago cos nosos paraugas abertos xa que era un día de moita chuvia, pero mereceu a pena ver unha obra que mesturaba comedia, amor e unha perfecta adaptación da obra orixinal de William Shakespeare ao século XXI.

Para rematar, queremos darlle as grazas aos profesores que nos acompañaron e esperamos facer moitas mas saídas.

Laura Cuesta e Ana Meijide. 2ªR.

A Tempestade
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 07-11-2014 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIAN TUNES

Estamos de noraboa; Galician Tunes é unha web que nos dá acceso a 410 vídeos musicais e a información sobre 325 discos, de artistas galeg@s permanece aberto á incorporación de novas bandas, artistas, empresas e festivais galegos. Aquí tedes os enlaces para disfrutar da música que se está a facer en Galicia.
foto
Portal da consellería
galicuantunes
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 07-11-2014 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
GHALEGHO
Benvidos outro curso máis ao blog do Equipo de Normalización Lingüística aínda que este ano cun pouco de atraso por problemas técnicos.
Como inauguración os presentamos unha curta na que @s protagonistas defenden o idioma galego en todos os eidos e con todas as súas peculiaridades, seseo e gheada incluídos. Noelia Gómez, a directora, é unha rianxeira que estuda xornalismo en Compostela.
Ghalegho
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 27-10-2014 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [104]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0