PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mostra do traballo dos alumnos de 1º BAC

Velaiquí unha mostra do traballo dos alumnos de 1º BAC, animados pola profesora de galego Josefina Taboada, con diversos cartéis (algúns moi xeitosiños) reivindicando o uso da língua galega.

Ollade as fotos
Comentarios (0) - Categoría: 9-Exposicións - Publicado o 16-02-2016 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
Grupo de teatro da Pontepedriña

Para nós, a hora de teatro é moito máis ca unha hora despois da clase, son sesenta minutos de emocións e risas, na que aprendemos como actuar, a forma correcta de dirixirse ao público, como xesticular acompañando ás palabras, como movernos polo escenario e outra moitas cousas. Tamén nos axuda a perder a vergoña diante do público, e nos axuda uns aos outros ao facer unha obra... Nos primeiros meses fixemos xogos e exercicios de expresión e na segunda avaliación comezamos a interpretar obras teatrais moi interesantes e divertidas coma ?Intrucións para pedir cousas? de Núñez Singala ou ?O seu can morde?? e ?Retranca?, ambas as dúas de Avelino González e nas cales se distingue sen ningunha dúbida a típica retranca galega, que fai aos galegos diferentes dos demais e únicos.
Invitámosvos a que o próximo curso, vos unades a nós e o pasedes de marabilla á vez que aprendedes unha morea de cousas.
Os fantásticos : Artur e Miguel. (1º ESO S)
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 09-04-2015 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro co EDNL do IES Félix Muriel de Rianxo
Visita a Rianxo.
Cuarto de Pontepedriña cando vai pola Ribeira
Cuarto de Pontepedriña cando vai pola Ribeira
descalciños pola area parece unha rianxeira
descalciñas pola area parece unha rianxeira
alumnos veñen , alumnas veñen , alumnos veñen e van,
que veñan os de Rianxo que ven o imos pasar.

O pasado 24 de marzo fixemos unha saída a Rianxo, principalmente a ver tres museos.
O primeiro foi o de Manuel Antonio e estaba situado na casa na que el nacera, con diferentes habitacións repletas de fotografías da súa mocidade. Sabiades que Manuel Antonio fixo un pacto de sangue aos 16 anos comprometéndose a falar sempre o galego?. Este escrito atopámolo no primeiro andar, xunto con outros textos que mostran o principio da súa andaina no mundo da literatura. No terceiro andar había unha maqueta dun barco, o Constantino Candeira no que Manuel Antonio estivo embarcado, facendo as prácticas de náutica, e onde escribiu varios poemas do libro ?De catro a catro?.
Case ao carón desta casa está o Museo do Mar. Nel vimos todo o relacionado coas embarcacións, o mar e a pesca.
Finalmente, visitamos o Museo de Nós de Nuco, no que vimos esculturas deste autor de célebres figuras galegas como Castelao ou Rosalía de Castro.
Pero sen dúbida a mellor parada foi a cuarta. A visita ao IES Félix Muriel. Alí coñecemos a rapaces e rapazas xeniais de 1º de Bacharelato, máis tranquilos ca nos, iso si, nos recibiron na entrada do instituto ao son da Rianxeira, e a continuación recitamos e escoitamos textos e poemas.
A tarde rematou na praia, todos xuntos, rianxeiros e composteláns, onde nos despedimos coa lectura de Adeus. Foi sinxelo convencer aos profes para volvernos ver. Agora toca agardar a súa chegada.
Ata a próxima!!!
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 09-04-2015 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0