PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Telefónica de España y olé! (crónica da indignación)
Martes, 11 de Decembro do 2007

Marta Dacosta

9:45 h. A.M. Conecto o ordenador do meu lugar de traballo e comprobo, un día máis, que o servizo ADSL funciona con dificultades. Ante o abraio dos meus colegas comezo contar os segundos que tarda en descargarse un páxina calquera. Son moitos, en realidade tarda minutos. Daquela consideramos oportuno pórnos en contacto con Telefónica para ver que é o que pasa.

9:50 h. A.M. Chamo ao 1002. A muller que me atende saúda rapidamente e tamén moi rápido di o seu nome, non son quen de retelo e dígolle que temos un problema co ADSL, na terceira intervención comeza dicirme que non me entende, que non lle estou falando español e non me entende. Entón dígolle que estou na Guarda, que non sei se ela sabe que está en Galiza, daquela eu fálolle galego, cousa que me gustaría que ela fixese, como penso que debe facer sempre Telefónica. Insiste en que non me entende, insiste e colga. Quédame cara de parva e comezo subir os chanzos desta indignación matinal.

9:55 h. A. M. Chamo ao 900101010. Desta volta teño o bolígrafo na man e tomo nota do nome da persoa que me atende. Agora solicito presentar unha queixa por mor da atención recibida na chamada anterior e anuncio que teño un problema co ADSL. O home que me atende tamén me pide que lle fale en español, co que resposto máis indignada que antes, dicíndolle que precisamente esa era a miña queixa, que eu teña que falar español estando en Galiza, e dígolle "considere que eu a vostede non lle pedín que se dirixise a min en galego, cousa que podería facer". O certo é que seguiu atendéndome, e entendéndome, díxome que pasaría o meu teléfono e nome para que a compañía se puxese en contacto comigo e que me pasaba co soporte técnico para que dera conta da avaría. Aténdeme unha terceira persoa, que despois dunhas breves frases, dime:

-Puede hablame en castellano, es que no la entiendo?

-Pois non, porque como sabes estou chamándote desde Galicia.

-Si, pero es que tiene que hablarme castellano si no no la entiendo y no la puedo atender.

-Xa, mais para cobrar non tedes ningún problema, eu estou en Galiza e non sei falar español, e ti non me falas a min nunha lingua que eu entenda como o galego.

-Telefónica es una empresa española.

-Pois a súa empresa ten un problema porque traballa nun territorio en que se falan máis de tres linguas.

-Usted me está discriminando.

-Ou sexa que eu te discrimino a ti por utilizar o meu idioma e ti non me discriminas a min cando me estás obrigando a falar en español, e mañá celebrase a aprobación da constitución!

-Si no me habla en castellano no la puedo atender.

-Pues si le hablo así ya me entiende?!

-En ese tono no la voy a enteder.

Agora o problema era o meu ton de voz, que claro, despois da odisea lingüística tiña que ser amábel e, mesmo, cariñoso, non? Máis ou menos así foi a conversa, ou sexa, que acabei falando en español para lerlle a etiqueta do ruter e facerme cos datos da reclamación técnica. Iso si, ao final da conversa xa me pasaba ao galego, sen que ela tivese maior dificultade para me entender. Ao rematar díxome que non me retirara porque me ían facer unha enquisa sobre a atención recibida, mais, oh sorpresa! A chamada cortouse, e non puiden respostar que estaba descontenta da atención recibida. Sería intencionado? Haberá un gran irmán Telefónica que desconecta a enquisa ante a previsión dunha resposta negativa? Así tamén teño eu bos resultados.

Finalmente chamoume unha persoa para coñecer o motivo da miña queixa. Chamábame desde Galiza e falaba a miña lingua, entendeuno, comprendeuno, e sei que pasará esta queixa a quen corresponda, mais tamén sei que a próxima vez me falarán de novo en español, aínda que eu faga a opción de ser atendida en galego, que me pedirán que fale español, baixo a condición (debería dicir ameaza?) de que non me atenderán, e iso se me collen o teléfono no territorio estatal, porque lembro moi ben cando respostaron á miña chamada desde Tánxer, e non puiden entenderme coas persoas que me atendían en lingua ningunha, nin sequera no español que aparentemente eles falaban.

Estou indignada e teño a sensación de estar dando puñadas imperceptíbeis contra un xigante inamovíbel, unha e outra vez e sei que, coma min, moitas e moitos outros dan puñadas día si e día tamén, contra ese maldito xigante que para cobrar as nosas facturas sempre nos entende, e mesmo nolas envía no idioma da nosa preferencia.
Nova tirada de Ciberirmandade da Fala
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 19-12-2007 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Vocabulario ortográfico da Lingua Galega
Novo buscador de vocabulario ortográfico da Lingua Galega.Facendo click no seguinte enlace poderán acceder a este servizo.

http://www.realacademiagalega.org/volga/


Vocabulario ortográfico da Lingua Galega
Comentarios (0) - Categoría: 2.-Ferramentas - Publicado o 19-12-2007 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Cambios na normativa do 2003

Aquí tes un útil e breve resumo da Mesa pola Normalización Lingüística dos cambios na normativa do 2003.
Cambios na normativa
Comentarios (1) - Categoría: 2.-Ferramentas - Publicado o 18-12-2007 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0