PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Actividades sobre Violencia Machista

Dúas actividades interesantes relacionadas con este grave problema son os talleres sobre a violencia de xénero, ofertados pola concellería de Igualdade no concello de Santiago, que nesta ocasión recibiron os alumnos de 1º BACH. Tamén dentro da programación da chamado “Día da violencia de xénero” os alunos de 4º ESO asistiron a representación da obra de teatro “As fillas bravas.”
Comentarios (0) - Categoría: 8- Actividades - Publicado o 01-03-2016 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
Visita ao Correo Galego
O pasado venres 12 de fevreiro os alumnos de 2º ESO foron a visitar as instalacións do Correo Galego. Como nos explica Miguel Escariz " primeiro nos comentaron varias noticias sobre a xuventude: a idade en empezan a fumar e sobre a educación ao volant; logo nos puxeron un video que explica como se facía o periódico e vimos a máquina impresora e envasadora".

Aqui tedes un par de fotos:
Comentarios (0) - Categoría: 12. visitas - Publicado o 01-03-2016 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Nadal
O pasado 18 de Decembro celebrouse o festival de Nadal no corredor do centro, ca participación de alumnos e profesores. Velaivai o programa:

-Paula Pais tocou ao piano “Arabeske nº 18 de Schuman”.

-O grupo formado por Adriana, André, Nuria e Olalla cantaron: “Radioactive” e “I will wait”.

-Os profesores Víctor Blanco e Antonio Rivas interpretaron: “Ai ven o maio” e “Vela” ambas en versión acústico.

-Brando Sandoval interpretou un villancico só coa súa voz.

-Lucía Rey e Vanesa Castro interpretaron “The honging tree” de Jennifer Lawrence e “The medallions calls” da película “Os piratas do Caribe.”

-Os alumnos de 1º de ESO dirixidos pola profesora Raquel bailaron “Santa tell me” de Ariana Grande.

-Entrega dos premios do concurso de postais de Nadal.

Os gañadores foron: Anxela Noya Rafols de 1º de ESO na 1º categoría e Carolina Gómez Martínez de 4º de ESO na 2º categoría.

Veleiquí algunhas fotos das actuacións



IES Pontepedriña Nadal 2015 from IES_Pontepedrinha on Vimeo.


Comentarios (0) - Categoría: 7- Festivales no IES - Publicado o 01-03-2016 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña