PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

E van tres...
O TSXG admite a trámite o recurso da Real Academia contra o Decreto do Galego, logo de aceptar tamén os d?A Mesa e da STEG.


Máis paus para o polémico decreto do plurilingüismo. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo interposto pola Real Academia Galega (RAG) contra a polémica norma, tal e como anunciou a propia institución nun comunicado. Con este, son tres xa os recursos admitidos a trámite pola Xustiza contra o decreto, incluídos o d?A Mesa pola Normalización e o do sindicato STEG. Tres máis están á espera de ser aceptados.

Malia todo, desde a RAG destacan que ?sorprende, en medios xurídicos, a tardanza coa que o Tribunal Superior tomou este acordo?. Fontes xurídicas consultadas por Xornal coinciden nesta crítica, ao considerar que é ?excesivo? o tempo que tardou o TSXG en admitir un recurso presentado a finais de xullo, hai xa nove meses. ?É un tema de suficiente entidade e sensibilidade social como para que se lle dese algo de celeridade?, advirten.

Non obstante, a RAG considera ?positiva? esta resolución e espera ?que esta vía que se abre poida restablecer no futuro o consenso necesario que durante tantos anos posibilitou un clima docente aceptable nas aulas de Galicia?.

Podes ler a nova completa en
Xornal de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 28-04-2011 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0