PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Polo San Martiño, peóns ao camiño
A buxaina!O DÍA DA BUXAINA:

Mañá xoves 11 de novembro Brinquedia convoca unha nova edición do Día do Peón. Despois das 5 edicións anteriores, a data vaise asentando para todas aquelas entidades que traballan arredor do xogo tradicional no noso país, nomeadamente nos centros de ensino. A repercusión e participación medra ano tras ano (acadando nas últimas edicións cifras superiores ás 10.000 persoas), e mantendo entre os seus obxectivos o de divulgar iniciativas encamiñadas á recuperación e conservación das actividades lúdicas tradicionais.
A convocatoria non só está dirixida aos centros de ensino, malia seren os maiores organizadores desta campaña, senón aos concellos, asociacións, institucións e mesmo a colectivos de galegas/os no exterior.
Lémbrannos que a estacionalidade deste xogo vén marcada na fraseoloxía galega por varios refráns tales como: Polo San Martiño, peóns ao camiño, Polo Santo Amaro, peóns ao faiado, Polo Santo Antón, trompos ao caixón, Pola Santa Olaia, peóns á borralla? Ou mesmo outros que din: Polo San Martiño, peóns fóra do camiño e polo Pilar, peóns a bailar.


No noso instituto tamén imos celebrar o Día da Buxaina. E por se non o sabedes...

A BUXAINA:

Unha buxaina ou un peón é un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa a súa centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro, equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico. Normalmente utilízase coma xoguete aínda que tamén foron usadas para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais.

ACTIVIDADES:


Durante os dous recreos realizaranse unha serie de actividades relacionadas coa buxaina: no primeiro recreo, no patio (se non chove)os expertos na materia ensinaranlle a todo o mundo a bailar o peón. E xa no segundo, chega a competición, a ver quen é quen de manter a buxaina danzndo máis tempo... Todo un desafío
:-))))



Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 10-11-2010 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0