|
|
|
|
Día da lingua materna |
|

O domingo, 21 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Lingua Materna, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.
As propostas para o Día Internacional da Lingua Materna son:
1. Educa no respecto a todas as linguas
2. Transmite o valor da diversidade
3. Cultiva as linguas con menos falantes
4. Fomenta a aprendizaxe de linguas
5. Perde o medo a equivocarte
6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa
7. Acolle as outras linguas que te rodean
8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua
9. Practica o ecoturismo lingüístico
10. Fala tamén para os que están preto
Se queres consultar a páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística con interesantes recursos informativos sobre esta conmemoración Preme aquí |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|